Arquivo da categoría: Ensaio

Galicia e os galegos na poesía castelá CIII. Frei Íñigo de Mendoza e o Meco

marquc3a9s_de_santillanaRomán Arén. É ben coñecido que o meco está relacionado co Grove e que xa o Padre Sarmiento estudou esta figura lendaria, que supuxo, acertadamente, nacida fóra de Galicia. Servía como aldraxe contra os galegos e era sinónimo de adúltero, disoluto para o sínodo de Cuéllar (Segovia) de 1325, segundo anota a Gran Enciclopedia Galega. Se se perdoaba o meco era ser marido cornudo e isto apoñíasenos aos galegos e os miñotos e disto dá testemuña Raphael Bluteau no seu Vocabulario portuguez e latino (1976), asegurando que foi un miñoto que lle quitou a honra a moitas doncelas e a este alcumárono “o Meco”. A tradición di que foi aforcado no Grove: “facendo o fedello/botando pernadas/que matou ao Meco”. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CIII. Frei Íñigo de Mendoza e o Meco

Brincadeira do Sacro

Foto: Galicia Única
Foto: Galicia Única

Xosé Manuel Lobato. Tic, tac, mais non escoito, xornada indecisa, a climatoloxía non se decide por unha aposta segura. A tantariñante vacilante, mesmo a tristura semella impregnar o ambiente nesta celebración do día de todos. Unha masificación de ánimas, ou quizais espíritos errantes que aí, en algún lugar permanecen, afastados ou próximos non amosan a súa esquiva faciana. Seguir lendo Brincadeira do Sacro