Arquivo da categoría: Ensaio

Os anos da loucura

resize-1524481009X. Ricardo Losada. En 1892, tres anos despois de que Nietzsche perdese o xuízo, Franziska, a nai, escríbelle unha carta a Franz Overbeck, un dos grandes amigos do fillo, para contarlle como transcorren os días na vida do filósofo alemán. Tras revelarlle que é un paciente moi querido, ao que só dan ganas de acaricialo, pero que non mellora, escribe: “Di todo con amabilidade e ri como nos seus días de maior saúde. Só durante os paseos ten para si unha cara de risa que non lle senta nada ben. Porén, eu déixoo, porque débenselle arrincar da alma imaxes agradables. E só cando nos atopamos con alguén recórdolle que poña a súa ben parecida e seria cara de profesor, e case sempre a pon. Seguir lendo Os anos da loucura

Buck non lía os xornais

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal BlancoBuck non lía os xornais e non podía saber da maldade da xente”. Máis ou menos así é como empeza A chamada do salvaxe, de Jack London, toda unha advertencia para introducirnos na serie de calamidades que o can do xuíz Miller vai pasar despois de ser roubado, vendido, maltratado e escravizado. Seguir lendo Buck non lía os xornais

Galicia e os galegos na poesía castelá CII. Unha arxentina, Cati Castaño

Busto_de_Rosalía_de_CastroRomán Arén. Non é pequena a presenza de Rosalía na poesía arxentina, o que é ben lóxico pola emigración e pola orixe galega dalgúns escritores arxentinos, e así a nosa poeta nacional foi cantada por Alfredo Bufano, Francisco Luis Bernárdez, Arturo Capdevila, José González Carbalho, Víctor Luis Molinari, Julieta Gómez Paz… Entre esas voces hai unha contemporánea, Cati Castaño, nacida en Buenos Aires en 1945, que en 2010 publica “A Rosalía”: Levadura de exilios y orfandades/la voz de Rosalía es ría, toxo/espino doloroso/aventura por el misterio de lo arcano/será de Dios la palabra del que canta/benditos leche y pan Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CII. Unha arxentina, Cati Castaño