Fidel Vidal. “¿Pode un home, ó mesmo tempo, ser e non ser? ¿Cantos homes son precisos, no escuro, para facer na luz só un home verdadeiro?” Velaí as preguntas sobre as que reflexiona Álvaro Cunqueiro na obra O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca (Galaxia, 1958). Cunqueiro non nos presenta o seu Don Hamlet como un señor, senón como o incerto señor. Nin tan sequera, antes ao contraio, o título de príncipe (de Dinamarca) asegura o seu ser como home (de palabra). A certeza do ser non está confirmada. Trátase de alguén inseguro de si mesmo, dun ser variábel. Un toleirán indeciso que toma decisións con acenos de arroutadas. Daquela faise válida unha pregunta: De que escuridade nacen as súas palabras e os seus actos? Seguir lendo As certezas do incerto do señor Don Hamlet
Arquivo da categoría: Ensaio
Todo ou nada
X. Ricardo Losada. Se me dixesen que, como amigo da Filosofía, dividise o mundo en dous tipos de persoas, teríao claro. Aqueles que din Non teño tempo para nada e aqueles que din Hai tempo para todo. E dividiríao dese xeito porque estou en contra dese tipo de divisións dicotómicas. Seguir lendo Todo ou nada
Basilio Fernández Barbazán, mestre do galeguismo
Pastor Rodríguez. Nacido o 4 de xullo de 1904 en Santa Cristina de Barro, Noia, Fernández Barbazán foi perito agrícola profesionalmente, pero ficou na memoria colectiva polo seu amor á cultura. Xuíz de Paz na súa vila, profesor no instituto, escritor en revistas profesionais, foi un dos colaboradores nos anos cincuenta da revista Tapal, onde publicou os seus aforismos co título “Denantes”. Os seus artigos apareceron tamén en La Noche, o xornal vespertino de Compostela. Agrupou outros escritos seus coa denominación “Carapolas”, que publicou en El Correo Gallego. Tamén foi debuxante e un gran afeccionado á conversa, transmitindo o amor ás cousas propias aos mozos, o que lle foi recoñecido por Avilés de Taramancos nun fermoso artigo de 1988, “O Muíño”. Seguir lendo Basilio Fernández Barbazán, mestre do galeguismo
Prognósticos e augurios
Francisco Ant. Vidal Blanco. Lembro unha tarde de pesca, cando un veciño me ensinou a recoñecer nunhas nubes a ameaza do nordés que nos obrigaba a recoller as liñas, ou a unha veciña que cada mañá, con só mirar para o oeste, prognosticaba para todo o barrio se se ía poder secar a roupa. Seguir lendo Prognósticos e augurios