Arquivo da categoría: Ensaio

Sobre as lendas (III)

diogenes_de_sinope_el_cinico_-_por_jules_bastien-lepage_César Alen. De entre todos o meu favorito, sen dúbida, é o de  Crates o Cínico, unha verdadeira obra mestra. Un relato que nos achega, que nos coloca diante mesmo da Grecia dos estoicos, disciplina que tanto achegou a recoñecidos filósofos como Epicuro, Seneca ou Ciceron. Crates foi discípulo do coñecido  Diógenes. O episodio transcorre en Tebas. Crates asiste a unha obra de  Eurípides. Seguir lendo Sobre as lendas (III)

Sobre as lendas (II)

9789871489004César Alen. Atopeino na idade xusta, adecuada, a piques de zozobrar na  dispendiosa puberdade. O certo é que non recordo como chegou ás miñas mans, algún amigo adiantado, un profesor cultivado. O importante é que descubrín as Vidas imaxinarias de Marcel  Schwob, edición de peto (Bruguera-libro amigo) que ben soaban esas palabras e que certeiras. O libro ofrecíame a súa amizade, non a súa mercadoría, a súa amizade, moi afastado do  exacerbado  mercantilismo actual. De todos os curtos relatos extraín un enorme coñecemento. A simple lectura dos títulos transportábame a mundos  mitolóxicos, antigas lendas, probables verdades. Seguir lendo Sobre as lendas (II)

Sobres as lendas (I)

lendas1César Alen. Non lembro, non teño certeza de acceder a ningunha lenda ou mitoloxía, nin sequera contos na miña infancia. Quitando, está claro, os estritamente  educacionais, catequísticos. Os que se utilizaban para dobregarnos, para tentar reconducir as condutas infantís, as  innatas propensións á rebelión. O home do saco viría buscarnos se non obedeciamos cegamente aos pais, o saca manteigas, e que dicir da patética santa compaña, só tolerable nunha Galicia atrasada e absurda. Seguir lendo Sobres as lendas (I)