Arquivo da categoría: Ensaio

Das augas de Carballo ao Pazo de Meirás

Foto: La Voz de Galicia
Foto: La Voz de Galicia

Fidel Vidal. O feito de se atopar no estranxeiro cun veciño ou escoitar música da casa, resulta sorprendente ao tempo que agradable. Iso pasoulle a Emilia Pardo Bazán no percorrido de xornalista pola Exposición Universal de París de 1889, ao dar cun nome ben coñecido dela: “Leo con estremecemento de grata sorpresa: ‘Augas minero- medicinais de Carballo, provincia da Coruña’. Seguir lendo Das augas de Carballo ao Pazo de Meirás

Galicia e os galegos na poesía castelá XCVI. Juan del Enzina

juan-del-encinaRomán Arén. Figura capital na fin da Idade Media, na música e na poesía, foi Juan del Enzina ou Juan de Fermoselle, nacido en 1468 e que morreu arredor de 1530. Estivo en roma no séquito dos papas Alexandre VI, Xlio II e León X. Tras visitar Xerusalén, volve a España en 1521. A súa poesía foi cousa de mocidade, pois o seu Cancioneiro editouse en 1496, aínda que logo coñeceu ata 1516 outras cinco edicións. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XCVI. Juan del Enzina

De froitos e gustos

FESTIVAL NOITES DE JAZZ 2018-Cartel defAntón Riveiro Coello. Ás veces, como por arte de maxia ou polos misterios do azar, as musas parecen asentarse nun determinado territorio e danlles a algúns dos seus habitantes azos e habelencia para a escrita, a música ou o deporte. Así, lugares aparentemente pequenos como Padrón, Mondoñedo ou Celanova son quen de fecundaren almas sensibles que cantan a terra e a paisaxe nos seus versos. O caso de Rianxo supuxo un fito importantísimo, porque esta fermosa vila é berce de grandes escritores que sementaron o herdo dunha xenética que aínda hoxe segue a dar os seus froitos. Poderíase dicir que nesta vila hai literatura para todo un país. Seguir lendo De froitos e gustos

En memoria de Xesús Costa Rodil

costaX. Ricardo Losada. Non me gustan as persoas que cada vez que falan mostran, como os vellos cregos, a súa ideoloxía. O mestre rianxeiro don Xesús Costa tiña ese defecto. Pero no que en outros é un costume insufrible, nel era un hábito entrañable. Porque don Xesús, que sempre falaba desde uns esquemas mentais moi ríxidos, era unha persoa coherente. Seguir lendo En memoria de Xesús Costa Rodil