X. Ricardo Losada. Nunca entendín o odio aos exames. Nin sequera de estudante pois non hai nada máis pracenteiro que facer un exame que dominas e recibir a nota que mereces. E refírome incluso a exames memorísticos. Imprescindibles. Hai moitas razóns pero centrareime agora nunha que me parece crucial e que Nietzsche, que tiña alma de ácrata individualista Seguir lendo Debates e demais andrómenas
Arquivo da categoría: Ensaio
A voltas da man de Martiño Sarmiento
Xoán Guitián. Ando a reler textos de Frei Martiño Sarmiento que coñezo de vello, e canto máis os leo máis medra a miña admiración pola figura e a obra do autor. De Sarmiento sorpréndenme moitas cousas: o seu saber enciclopédico, a súa curiosidade inesgotable e a súa capacidade de traballo. Seguir lendo A voltas da man de Martiño Sarmiento
Pedro Garfias
Fidel Vidal. En 1967 morría en Monterrey (México) o poeta español Pedro Garfias. “Os seus restos están enterrados nesa capital baixo unha lápida que, ademais do seu nome e as datas de nacemento e morte, reproduce os dous primeiros versos dun poema escrito nunha `servilleta de bar’, encontrada no seu cuarto: La soledad que uno busca/ no se llama soledad;/ soledad es el vacío/ que a uno le hacen los demás. Fixen caso de Pedro Garfías, poeta que navegou polo ultraísmo, ao ler o seu nome da man de Auxilio Lacouture na novela Os detectives salvaxes de Roberto Bolaño (Anagrama, 1998) Seguir lendo Pedro Garfias
Un Nobel para Lorca

Francisco Ant. Vidal Blanco. Se se me pide que apoie coa miña sinatura a solicitude dun Nobel póstumo para Lorca, asinarei con DNI incluído, máis por amor lorquiano ca por realidade literaria. Cos Nobel de literatura e cos Día das Letras Galegas teño os meus máis e os meus menos. Seguir lendo Un Nobel para Lorca