Arquivo da categoría: Ensaio

Un antropólogo de Noia

O Escritor. Antropoloxia_mariñeiraPastor Rodríguez. Nado en Noia en 1955, Antonio García Allut estudou Filosofía na Universidade de Compostela. Malia a súa orixe noiesa, viviu en Carnota onde seu pai exercía de médico, e vila onde comezou a se interesar polos temas marítimos, nos que é un especialista, como amosan os seus traballos A vila mariñeira de Muxía (A Coruña), publicado en 1989 no volume colectivo Vivindo do mar. Antropoloxía da pesca en GaliciaEstudio etnográfico dun espacio central na vida dos pescadores de Lira (A Coruña), publicado na revista Grial en 1990; Del libre acceso a la propiedad pesquera de Muxía (Galicia), aparecido en Eres. Seguir lendo Un antropólogo de Noia

Galicia e os galegos na poesía castelá CLXII. José de Valdivieso e o Apóstolo

30128409226Román Arén. O toledano José de Valdivieso crese que naceu arredor de 1560. Ben coñecido pola súa dramaturxia, foi tamén bo poeta, famoso polo seu Romancero espiritual, editado varias veces no século XVII, unha delas en Madrid en 1638 e aínda reeditado en 1880. Outras das súas obras foron unha Vida de San José (1604) e o poema heroico Sagrario de Toledo (Madrid, 1616). O mellor da súa poesía adoita ser a que glosa cancións populares: letrillas e seguidillas, pero foi tamén autor de bos romances. En 1622 publicáronse os seus Autos sacramentales, e en 1630 os Elogios al Santísimo Sacramento. Hai reedición de 1984 do seu Romancero espiritual, a cargo de J. M. Aguirre, e desta obra a primeira parte xa saíra do prelo en Toledo en 1612. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXII. José de Valdivieso e o Apóstolo

Galicia e os galegos na poesía castelá CLXI. Luis Cernuda

Las-Nubes-Desolacion-de-la-QuimeraRomán Arén. Cernuda rematou por ocupar un lugar central na poesía española do século XX, mais non sempre foi así e non hai máis que lembrar a frouxa, e ás veces negativa, recepción que obtivo o seu primeiro libro, ao que acusaban de depender en exceso de Jorge Guillén. Ás veces, cando pensamos en Cernuda facémolo como poeta amoroso, o poeta dos amores e praceres prohibidos, ou no poeta elexíaco e mesmo no poeta da nostalxia de España no desterro. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXI. Luis Cernuda