Arquivo da categoría: Ensaio

“Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreliña forxada na irmandá” (II)

Homenaxe a Isaac Díaz Pardo.IIPilar Sampedro. Boisaca, lugar de triste lembranza, porque nos seus paredóns foron fusilados republicanos e galeguistas nos días da furia fascista, acolle na despedida do Nadal, cun acto de xustiza, que ano a ano pretende facer de contrapeso a tanto mal que se lle fixo a quen máis merecía o respecto de todos e todas. Malos tempos foron aqueles dos finais de Díaz Pardo cando foi traizoado por compañeiros e traballadores, cando ata foi expulsado do IGI que era a súa casa, unhas celas austeras –como todo o seu– no que traballaba sen descanso, onde o deixaron sen poder de decisión para pasárllelo a uns empresarios que só buscan o beneficio Seguir lendo “Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreliña forxada na irmandá” (II)

Unha estreliña forxada na irmandá (I)

Imaxe para café barbantia. IPilar Sampedro. “Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreliña forxada na irmandá e quero ver brilar a lus d´esa estreliña hasta chegar cegar. Que vexan os demais n´esa estreliña a lus da libertá, que vexan que o tesouro máis querido o ten o seu brilar. Estreliña feituca de cariños, estrela do meu lar, que sempre te levei como reliquia de Terra, Dios e Nai, xa te deixo prendida no meu fillo por sempre endexamais”. Seguir lendo Unha estreliña forxada na irmandá (I)

¿Hai librarías en Nixeria?

BF17E16F1_201438Francisco Ant. Vidal Blanco. É unha condición propia de camanduleiros pensar que todos os pobres son analfabetos, que os oficios teñen categoría en relación ó salario percibido ou que todos os inferiores son xente sen alma. Unha actitude tan arcaica que máis ben parece propia do pensamento de Juan Ginés de Sepúlveda Seguir lendo ¿Hai librarías en Nixeria?