Arquivo da categoría: Ensaio

Ovellas pitagóricas

paseoX. Ricardo Losada. Rianxo ten moitos atractivos: museos e pazos e postas de sol e petróglifos e castelos e praias e festas e xoubas, pero creo que se lles preguntase aos rianxeiros cal é o maior, non acertarían. E con “maior” refírome ao lugar máis visitado (e con máis reincidencia) por autóctonos e turistas. Eu seino porque está ao lado do idílico banco onde leo todas as tardes no paseo marítimo. Seguir lendo Ovellas pitagóricas

Johnny Cash renaceu no 1968

R-1287354-1345000987-6660.jpegGonzalo Trasbach. Algúns pensan e afirman que a eclosión da década de 1960 tivo lugar en 1968, e, polo tanto, foi o ano en que se produciron os mellores discos daquela época. Pode que así sexa. Na fin de contas, o malestar que latexaba debaixo da costra suntuosa do hipismo e o hedonismo reinantes no mudo occidental emerxeu e saltou ao primeiro plano pola guerra de Vietnam, pero acadou o seu cumio no chamado Maio do 68, coa irrupción dun movemento que fixo tremer os alicerces da República francesa Seguir lendo Johnny Cash renaceu no 1968

Os soños da sombra

sombrasFidel Vidal. “Soñei co meu pai, e el non sabía que estaba morto” (Hamlet).  Freud interpreta o soño con categorías edípicas: o absurdo do morto que non sabe que o está, vén encubrir algo horroroso: que esa morte foi desexada por quen soña. O desexo edípico de matar o pai constitúe o motor do soño. Mais o traballo do soño é quen de transformar o desexo de morte en algo risible. O Hamlet de Lacan non acepta a tese edipiana deste soño: “Ese desexo de morte do pai algunha vez foi seu (até aquí Freud). Seguir lendo Os soños da sombra