Os soños da sombra

sombrasFidel Vidal. “Soñei co meu pai, e el non sabía que estaba morto” (Hamlet).  Freud interpreta o soño con categorías edípicas: o absurdo do morto que non sabe que o está, vén encubrir algo horroroso: que esa morte foi desexada por quen soña. O desexo edípico de matar o pai constitúe o motor do soño. Mais o traballo do soño é quen de transformar o desexo de morte en algo risible. O Hamlet de Lacan non acepta a tese edipiana deste soño: “Ese desexo de morte do pai algunha vez foi seu (até aquí Freud). O que o suxeito non pode saber é que a súa existencia como suxeito sostense nese pai, outro rival… O desexo de castrar o pai co seu retorno no suxeito, non é un desexo xustificable, é unha necesidade que estrutura.”

O Oráculo é o lugar do sagrado, da oralidade, da boca: a voz que fala. Hamlet contrasta con Edipo precisamente no punto do oráculo. En Edipo hai un destino que o heroe realiza sen saber. En Hamlet trátase de que o heroe sabe que non hai destino que nos antecede nin que funcione. O heroe dramático, a diferenza do tráxico, en palabras de S. Bercovich, é un chimpado nas ondas do azar e da fortuna, sen deuses e sen destinos.

O Espectro, a Aparición, tamén fala.

HAMLET: O meu destino chámame a voces e troca a febra máis tenra do meu corpo tan robusta coma os nervios do león de Nemea! Aínda me chama! Soltádeme, señores! Vive Deus, que farei outro espectro do que me deteña! Atrás, digo!… Adiante! Acompáñote! (Saen a Sombra e Hamlet) (Acto Primeiro, Escena IV)

sombraO Significante Outro é o lugar da palabra. Quer dicir que o Outro (Autre), segundo Lacan, non é un ser, senón “o lugar” onde descansa o conxunto do sistema dos significantes, a linguaxe. A linguaxe non é inmaterial. É corpo sutil pero é corpo. Iso autoriza certas formas de somatización, a posibilidade de padecer “lesións simbólicas”. Non se trata dunha materialidade substancial, porque a letra é materia mais non substancia.

Hamlet sabe a través non do pai senón do seu Espectro, da Sombra, é dicir, desde o inconsciente, un saber impreso nel, no Iso, e trasladado á conciencia, ao Eu –lugar do remorso- na onírica escena da Sombra espectral. Hamlet está sempre suspendido do tempo do Outro até o final da intriga. Non mata ao padrasto cando este se arrepinte, senón cando desde o Outro -no afán vingativo cunha condena aos infernos- lle indica a hora.

HAMLET: Un soño en si non é máis ca unha sombra. (Acto Segundo, Escena II)

O soño que a-sombra. Unha imaxe, un soño, unha pantasma, indican o lugar daquilo do que o suxeito está (simbolicamente) privado. E de que está privado o suxeito? Do falo como símbolo.

2 comentarios en “Os soños da sombra

  1. Hace muchos años, casualmente el día de hoy, dos de febrero, soñé con mi abuelo. Yo no sé si él sabía que estaba muerto, yo, sí, lo sabía. Hacía siete u ocho años que no estaba entre nosotros. El día uno de febrero (día de su óbito) y el siguiente, día dos, acostumbraba a ofrecerle una misa por su alma todos los años. Ese día, soñé que yo estaba sentada a la máquina desempeñando mi oficio y vi a mi abuelo entrar en la habitación sonriéndome. No me sentí para nada turbada, al contrario, me alegré mucho de verle. En ese preciso momento, me despertaron el sonido de unas bombas. Me pregunté mentalmente por el motivo de aquellos cohetes y de repente me dí cuenta de que era el día de la Candelaria, hacía años que se había enterrado mi abuelo. Se me había olvidado por completo y por primera vez, de ofrecerle el culto o rito acostumbrado. El subconsciente afloró en esa determinada situación para avisarme por medio del mundo de los sueños. Mi abuelo no se quedó sin mi recuerdo.
    Hoy me lo has recordado tú, Fidel, a través de “Os soños da sombra”.
    Besiños palmeiráns.

    1. Fermoso soño, e coma sempre, miña atenta Magdalena, contado con esa mestría inocente con que adoitas facelo. “Yo no sé si él sabía que estaba muerto, yo, sí, lo sabía”. Se Freud ten razón, ese soño representa “a realización dun desexo” recuperado do inconsciente. “El subconsciente afloró…” “Mi abuelo non se quedó sin mi recuerdo”. Fermoso e moi emocional.
      Eu, e cada vez máis, ando a ver “mortos” polos paseos adiante. Talmente iguais a aqueles amigos que xa non están.
      Saudiña e apertas afectuosas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *