Arquivo da categoría: Ensaio

Magdalena Losada

duchaX. Ricardo Losada. Sempre me gustou esa idea (por sublime e necia ao mesmo tempo) que Borges desenvolve dunha forma insuperable no relato Pierre Menard, autor del Quijote. Se unha persoa escribe en 2017 o Quixote tal cal o escribiu Cervantes, sería un libro completamente diferente. Como hoxe teño un día transgresor e estou con ganas de experimentar, vou levar a cabo esa idea cun comentario de Magdalena a outro meu, neste mesmo café, no que me estrañaba de que Magdalena non protestase  Seguir lendo Magdalena Losada

Galicia e os galegos na poesía castelá LXXVIII. Juan Ruiz de Alarcón

Juan_Ruiz_de_Alarcón_(E._Gimeno)Román Arén. Juan Ruiz de Alarcón era novohispano, pois nacera en México en 1581. Era, xa que logo, un “criollo”, pero de orixe nobre. Veu por primeira vez a España en 1600 e exerceu de avogado. Volveu a México, pero regresou definitivamente en 1613 e morreu en Madrid en 1639. Ocupou o cargo de relator do Consello de Indias e polo seu físico, era chepudo, foi branco das rexoubas dos escritores rivais, fronte aos que foi pouco prolífico, pois só se coñecen vinte e catro obras da súa autoría. Dúas características son propias de Alarcón: o seu código de honra é menos ríxido có dos contemporáneos e salientan as acedas críticas á nobreza. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXVIII. Juan Ruiz de Alarcón

Crime e suicidio

9788482881256-es-300Fidel Vidal. Unha vez mortos os seus pais, tamén falecen Edipo e Hamlet: Edipo faino simbolicamente, castrándose mediante a cegueira –perda de ser, morte psicolóxica, para non ver nunca máis-, e Hamlet falece dunha ferida envelenada. No caso do Don Hamlet de Cunqueiro, trátase dunha morte por decisión propia, aforcándose. A nai é o lugar da demanda de amor e dá valor a todo canto se relaciona con ela. Non hai cousa ningunha que non estea ligado á súa figura. Pola contra, o rei, se non vén da man da nai, apenas se é un obxecto, unha nimiedade, algo ben cativo, unha insignificancia. Seguir lendo Crime e suicidio