Xerardo AgraFoxo. A absorción progre-siva das terras de Noia por parte da Mitra provocou que os veciños tivesen que pagar numerosos impostos. Os que se abonaban relacionados coa guerra eran tres: Fonsado (obriga de presentarse armados cando fose necesario), fonsadeira (tributo que pagaban algunhas persoas que non podían ir á guerra) e anubda (obriga de reparar os castelos e fortalezas dos arcebispos). Seguir lendo O Portus Apostoli baixo a Mitra compostelá
Arquivo da categoría: Ensaio
Terra de Deus (God’s Own Country), de Francis Lee
Ignacio Castro Rey. A película de Lee comeza cun mozo túzaro que traballa nunha granxa familiar cravada nunha paisaxe desolada do norte de Inglaterra. Roña, animais de parto, frío, vellos aldeáns, traballo sen termo. Algunhas noites, para desesperación do seu pai e a súa avoa, Johnny desafógase nunha taberna da vila máis próxima, onde bebe ata o vómito e ten sórdidos encontros homosexuais. A nación que foi tan puritana neste aspecto, segue obrigando os “sodomitas” a breves encontros clandestinos. Seguir lendo Terra de Deus (God’s Own Country), de Francis Lee
O tempo da imaxinación
X. Ricardo Losada. Hai pouco vin unha película arxentina sobre un escritor desa nacionalidade gañador do premio Nobel de Literatura que, despois de moitos anos fóra, volve á súa vila natal. É unha das fantasías máis recorrentes da miña imaxinación desde hai moitos anos. Non me chamedes ególatra ou iluso antes de saber que a fantasía non consiste en obter o premio Nobel (ata as fantasías teñen sentido do ridículo), senón en volver á miña vila natal, Rianxo, despois de estar moitos anos fóra. Seguir lendo O tempo da imaxinación
Manuel Mariño del Río, cronista de Porto do Son
Pastor Rodríguez. Pouco de Porto do Son lle ficou alleo a Manuel Mariño del Río, nado nesa vila en 1955. Así, sobre a cultura marítima: A industria derivada da pesca no concello de Porto do Son (1996), sobre os asentamentos conserveiros no municipio do s. XVIII ata comezos do XX; A carpintería de ribeira en Porto do Son (1994), na que a través do traballo cotián dun carpinteiro de ribeira explica a construción dos barcos de pesca, a ferramenta dun estaleiro e a fasquía dos barcos; complementa este eido con artigos como “Constructores de barcos desde hace cien años” (1991) Seguir lendo Manuel Mariño del Río, cronista de Porto do Son