Fidel Vidal. A linguaxe de Mallarmé linda co silencio: “que unha vulgar extensión de palabras, baixo a comprensión da mirada, se ordene, en trazos definitivos, de aí o silencio” (S. M., Fragmentos, p. 37). Trata non coas cousas senón coa linguaxe. O silencio que, por fin, houbese tomado corpo, en expresión de Paul Valéry. Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (IV)
Arquivo da categoría: Ensaio
Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (III)
Fidel Vidal. Que un golpe de dados xamais anule a continxencia do ser e que, con todo, se deba intentalo, é simplemente a proba dunha crenza vivida, do triunfo dun absoluto paradoxal: a fatalidade é un xogo supremo. En cada home, dixo Mallarmé, hai un segredo que moitos morren sen coñecer. “El coñeceu o seu: unha Vocación, e identificouno coa expresión dos matices e do preciso que parece escuro: a poesía, única fonte”. (F. Gorbea, Limiar, Stéphane Mallarmé, Poesía, 1982). Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (III)
Lecturas contra a anorexia

Francisco Ant. Vidal Blanco. A lectura de textos feministas pode axudar a combater a anorexia». Así de rotundo é o título dun artigo que lin a semana pasada. A cousa podía quedar nunha simple frase sen necesidade de máis explicación ou tamén podemos tomala como unha desas frases ditas para provocar. Seguir lendo Lecturas contra a anorexia
Cándidos
X. Ricardo Losada. Leo unha entrevista con Nacho Vegas, cantautor asturiano de 43 anos, e detecto o que a min me parece un erro de perspectiva moi habitual. Tras preguntarlle o periodista por unha experiencia cultural que cambiase a súa vida, responde: “Como a tanta xente, ler O gardián entre o centeo. Fíxeno aos 14, 15, 16 e 17 anos, e un amigo e eu falabamos como Holden Cauldfield. Que bobos éramos. Pero foi bonito”. Paréceme falso e perigoso dicir que aqueles dous adolescentes fosen bobos por identificárense ata ese punto con Holden Cauldfield. Falso, porque se unha persoa de 15 anos se comporta como unha de corenta, máis que un adolescente, é un vello prematuro. Seguir lendo Cándidos