Arquivo da categoría: Ensaio

Sobre a prohibición do incesto

incesto2Fidel Vidal. Dada a súa universalidade, a lei exclusivamente humana da prohibición do incesto, ten que ver coa natureza, e de valor semellante, segundo Lévi-Strauss (Tristes trópicos), “coa bioloxía, ou coa psicoloxía, ou con ambas as dúas; pero non é menos certo que, como regra, constitúe un fenómeno social e que provén do universo das regras, é dicir, da cultura, e en consecuencia atinxe á socio-loxía, onde o obxecto é o estudo da cultura”. Mais a lei pódese infrinxir dunha forma consciente e intencionada e mesmo, inconscientemente, durante o soño ao permitir a súa realización como expresión onírica dun desexo reprimido Seguir lendo Sobre a prohibición do incesto

A cesárea dunha nova humanidade? (IV)

2Ignacio Castro Rey. O colmo dos parado-xos é sospeitar que, baixo esta adulación constante desta sociedade cara á xuventude, agóchase un novo tipo da maltrato masivo. O dos mimos, por exemplo? É posible que os xoves xamais teñan sido máis escravos. Ninguén os deixa en paz. Nunca estiveron máis presionados, máis vixiados, interferidos e invadidos. A sobreprotección e as mil facili-dades que se lles serven acotío, aparente-mente gratis, é un regalo envelenado para desarmalos e convertelos en dóciles camarei-ros do “todo a 100” que vén, ese xigantesco lowcost que os converterá en baratos empre-gados riseiros. Seguir lendo A cesárea dunha nova humanidade? (IV)

A cesárea dunha nova humanidade? (III)

58d243b2c261aIgnacio Castro Rey. Toda esta obriga de ter éxito, de ser popular, divertido, é pois unha fonte de novas formas de infelicidade, de maltrato e ninguneo. Para empezar, o espectáculo continuo que nos invade (con tarifa plana: igual que os ventres, as pantallas e os encefalogramas) conseguiu un secuestro sen precedentes da atención. Seguir lendo A cesárea dunha nova humanidade? (III)