Fidel Vidal. Sen amor e sen coidados os fillos carecerán de afectos que compartir na vida. De haber amor e este se perde, buscarase noutro lado, incluso na transcendencia dun deus. Aquí ninguén se pode meter, é cousa exclusivamente de cadaquén. Un deus en exclusiva, esixente, tan esixente e egoísta, non vai permitir outra presenza que a del, ser todo en todo, e no caso do místico loitará por lle dar gusto, intentándoo por todos os medios: sen comer -o xaxún purifica-, sen sentir –se acaso a dor do silicio para sosegar os apetitos do corpo-, sen ver –“nós estamos por non ver”-, sen saber –só a fe fainos sabios-, en fin, non ser, ou ser nada para que Deus sexa todo. Seguir lendo Fillos abandonados
Arquivo da categoría: Ensaio
Dos arquivos xeométricos, de Xosé Díaz Díaz
X. Ricardo Losada. Están a piques de converter en museo a casa de Rafael Dieste en Rianxo. Paréceme ben, pero agora, cada vez que paso por diante, apodérase de min un sentimento de tristeza. A casa de Dieste é, quizais, a casa con máis vida intelectual, artística e social da historia de Rianxo. Dieste medrou nun ambiente cosmopolita pois, cando naceu, a familia acababa de chegar de Brasil. O famoso periódico El Barbero Municipal, co mesmísimo Castelao á fronte, editábase no baixo da casa. As visitas de profesores universitarios eran constantes e as conversas dun nivel intelectual altísimo. Os irmáns aprendéronlle matemáticas, física e química (tiña un pequeno laboratorio) pero tamén literatura, filosofía, historia e música (tocaba o piano). Seguir lendo Dos arquivos xeométricos, de Xosé Díaz Díaz
As chaves da cultura

Francisco Ant. Vidal Blanco. Atenea foi quen lle ensinou ós gregos a facer o aceite e o viño, e ás gregas a tecer e a facer as cazolas de barro, por iso lle estaban tan agradecidos e lle fixeron un templo no lugar máis alto e despexado da capital grega, cóntannos os guías que nos levan pola Acrópole. Seguir lendo As chaves da cultura
PJ Harvey: dama en negro con saxofón
Gonzalo Trasbach. Estraña tarde a daquel 23 de agosto pasado. Aínda fumegaban os cadáveres dos mortos nos atentados de Barcelona e Cambrils. Mais a programación obrigaba. No escenario montado no Poble Espanyol aparece, diante duns tres mil espectadores, unha radiante Polly Jean Harvey (Somerset, England, 9/10/1969): vestida de rigoroso negro, coma o resto da súa numerosa banda, encabezado polos seus dous máis fieis músicos, John Parish e Mick Harvey, e leva un saxofón entre as mans: liturxia e cerimonial en escena. Seguir lendo PJ Harvey: dama en negro con saxofón