Arquivo da categoría: Ensaio

Apocalipse xovialmente integrada (II)

trabajochinosIgnacio Castro Rey. A media aritmética xuvenil consiste aproximadamente en que, ao conectar os seus ensimesmamentos numéricos, eles xiran en círculo, ignorando suavemente todo o que non entra no hahaha continuo no que se pechan. Tense dito que se cumpre así o plan inconsciente de conver-ter a masa xuvenil nos novos “chinos” da precariedade laboral, da sociedade Lowcost que os vai maltratar. Seguir lendo Apocalipse xovialmente integrada (II)

Apocalipse xovialmente integrada (I)

alumnos-moviles-500Ignacio Castro Rey. Cando se achega o final de curso algúns profesores e pais chegamos en un estado de ánimo tan esgotado que xa non sabemos se volver casar, mercar un can, xubilarnos ou recorrer a unha forma discreta de suicidio. En resumo, o habitual trastorno bipolar do resto do ano transfór-mase en xuño en algo máis complexo, difícil de definir en tres -¿trastorno tripolar?- Seguir lendo Apocalipse xovialmente integrada (I)

Talking Heads no meu corazón

talking1Gonzalo Trasbach. Tirando do limo do recordo, ese fío que aínda me mantén vivo logo de tantas travesías, evoco o 1977, un ano moi importante na miña vida. Xa dixen nunha ocasión, que foi cando o Ulysses entrou na miña casa. Naquel tempo, se non me trabuco, bateu na miña xanela a Chuvia oblicua de Fernando Pessoa. Pero tamén atopei unha divertida vía de escape no cinema coa chegada das novas películas de ciencia ficción: La guerra de las Galaxias (George Lucas) e Encuentros en la tercera fase (Steven Spielberg). Seguir lendo Talking Heads no meu corazón