Arquivo da categoría: Ensaio

Galicia e os galegos na poesía castelá. LXIV. Eduardo Marquina

Eduardo_Marquina,_de_AudouardRomán Arén. Eduardo Marquina (1879-1946), nacido en Barcelona, figura importante no seu tempo, foi un dos cataláns de Franco. Coñecido, sobre todo, polo seu teatro histórico en verso con obras como Las hijas del Cid (1908) ou En Flandes se ha puesto el sol (1910), escribiu unhas sesenta obras teatrais, pero o mellor do seu teatro radica nas obras poéticas de ambiente rural como La ermita, la fuente y el río (1927). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LXIV. Eduardo Marquina

Obsesión pola carne: os aparecidos

lactanciamaterna-11Fidel Vidal. Por que esa obsesión dos crentes en descarnar o espírito? Quérennos pór unha especie de condón moral para impedir a “contaminación” humana, sen pensar que, polo mesmo, impiden tamén a divina, a experiencia divina –excelsa- do amor humano. A palabra carne en español e galego, úsase para referírmonos tanto á animal como á humana e, neste caso, sen esquecer a outra carne: a da lascivia. Os franceses din chair cando se refiren á carne humana e viande no caso da carne animal, da comestible. Seguir lendo Obsesión pola carne: os aparecidos

Indiferentes

indiferenteAntón Riveiro Coello. Estes días, co peito encollido, vin a crueza dun vídeo que rexistra en China o dobre atropelo dunha muller que remata morrendo porque ninguén a socorre. A violencia das imaxes é extrema. E a frialdade deses transeúntes que pasan ao carón da vítima, ignorándoa, ergueu en min unha furiosa indignación e, ao mesmo tempo, unha dúbida. Que fariamos nós se vivísemos nesa sociedade asiática? Ignacio Echeverría, o heroe do monopatín, con certeza axudaría a muller e evitaría o segundo atropelo que lle apañou a vida. E nós, seriamos quen de o facer? Non é unha pregunta doada de contestar. Eu mesmo, lémbrome de neno, camiñando cuns cromos na man, cando, de súpeto, un home se debruza no chan e provoca a alarma da muller que vai con el. Seguir lendo Indiferentes