Román Arén. Tomas de Iriarte (1750-1791) foi un fabulista máis orixinal que Samaniego e moi famoso polas súas Fábulas literarias (1782), aínda que foi tamén un autor máis prolífico que o seu competidor, pois cultivou con acerto a sátira (Los literatos en Cuaresma, 1773 e Donde las dan las toman, 1778), tradutor (El arte poética de Horacio e Epístola a los Pisones, 1777), poeta serio (La música, 1779) e dramaturgo (La escocesa, 1769; El filósofo casado, 1787; Hacer que hacemos, 1770 ou El huérfano de China, 1787) e mesmo se pode considerar narrador pola tradución libro El nuevo Robinson, de 1789. Unha das súas fábulas foi traducida ao galego por Francisco Mirás en 1864. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LXIII. Outro fabulista: Iriarte
Arquivo da categoría: Ensaio
Libremente
Antón Riveiro Coello. Nos últimos días houbo unha enxurrada de declaracións por mor das palabras da presidenta da Comunidade de Madrid cando insinuou que as vacacións non son unha obriga dos traba-lladores, senón unha opción para tomar libremente. Non se precisan moitas luces para detectar que esta expresión pecha certo populismo e a falsa idea de ser unha muller traballadora. Seguir lendo Libremente
Do terrorismo incrustado (II)
Ignacio Castro Rey. O terrorismo do impacto é a única forma que temos atopado para acadar un bo simulacro de continuidade nunha cultura que debe fragmentar a vida mortal, fuxindo da súa duración coma da peste. O encadeamento de estoupidos informativos logra unha especie de continuum que cobre o día con atención cativa. Seguir lendo Do terrorismo incrustado (II)
Do terrorismo incrustado (I)
Ignacio Castro Rey. Grandes urbes, aglomeracións de cristal, de aceiro e rostros maquillados. Rañaceos, pantallas xigantes, conexións multiplicadas. E o espectáculo dunhas luces perpetuas que nos cobren cun ceo de deseño. Coma se non fose suficiente a sinxela vida, estamos embarcados nunha desapiadada metafísica da elevación, da que tampouco é fácil librarse a través de ningunha das nosas respectadas minorías LGTBI. O elitista debate en torno á maternidade subrogada agocha talvez que a nosa vida e a nosa sensibilidade son xa subrogadas. Seguir lendo Do terrorismo incrustado (I)