Arquivo da categoría: Ensaio

Bótame deste mar fóra, de X. Ricardo Losada

bótameMercedes Rodríguez Fraga. Permítome facer uso do título dunha obra de Nietzsche, Humano demasiado humano, para definir unha obra igualmente grande, e que a moitos lles parecerá polémica. Bótame deste mar fóra é un exemplo da complexidade do ser humano: amor, odio, morte, vida e sentimentos socialmente mal vistos e reducidos á xente «especial». Non pretendo facer unha crítica, porque para iso están os profesionais. Só me gustaría expresar o que supuxo para min. Ler a primeira novela de X. Ricardo Losada fíxome volver 18 anos atrás e revivir as súas clases de Filosofía. Recordo o primeiro día, a forma de entrar na aula. Grandes zancadas, seguro de si mesmo. Seguir lendo Bótame deste mar fóra, de X. Ricardo Losada

O lector, de Pascal Quignard

lector1Fidel Vidal. Este singular libro, O lector (Cuatro, 2008), que Pascal Quignard entende como Relato, está formado por unha escrita fragmentaria, composta de ideas soltas, citas e comentarios de clásicos, profundas meditacións que o autor foi madurando mentres exercía como lector da editorial Gallimard, e na que viu a luz en 1976. Unha obra que convida a reflexión. Hai un narrador que trata de vostede a quen lle está a falar dun el que é o lector. “Que foi del? Ardeu? Foi devorado polos libros?” A obra ilústrase con tres imaxes en branco e negro: Interior, de Hammershoi, e as outras dúas Nai do pintor e Ancián lendo, de Rembrandt. Seguir lendo O lector, de Pascal Quignard

O historiador de Palmeira

José_Álvarez_CastreloPastor Rodríguez. Licenciado en Historia, Xosé Álvarez Castrelo naceu en Palmeira en 1958. No ano 1985 publicou un rigoroso traballo de investigación co título Síntesis histórica de Palmeira, obra dividida en tres partes: a primeira está dedicada ao século XVII, a segunda ao século XVIII e a terceira á primeira metade do século XIX. Neste libro estuda a sociedade, a economía e a demografía de Palmeira, pero tamén a vida cotiá e o mundo espiritual desta parroquia de Ribeira; engade, ademais, a relación de homes ao servizo da Real Armada e a hidrotoponimia da freguesía. Seguir lendo O historiador de Palmeira

El báculo y la ballesta. Diego Gelmírez (1065-1140), de Ermelindo Portela

baculoXerardo AgraFoxo. Da man deste recoñecido investigador, catedrático de Historia Medieval da USC,  temos unha excepcional obra, unhas páxinas que resaltan a figura do arcebispo de Santiago de Compostela entre os anos 1100 e 1140. O libro, que conta cunha ampla Bibliografía e un  Índice de Nombres, está divido en tres amplas partes. A primeira, baixo o título de LA CRISTIANDAD, recolle os esforzo de Diego Xelmírez para potenciar a cidade do apóstolo nun intre dominado polos esforzos dos reinos cristiáns para levar adiante o espírito da Reconquista. Seguir lendo El báculo y la ballesta. Diego Gelmírez (1065-1140), de Ermelindo Portela