Xosé Manuel Lobato. Sempre é agradable regresar a lecturas que permanecen na ancestral memoria a longo prazo. Os recordos da obra de Carlos Casares, homenaxeado neste 2017 polas letras de noso, non permite entrar no limbo do esquecemento a este autor, por iso volvín a reler parte do seu inmortal traballo. Impacto e sorpresa de dimensións extraordinarias cando releo o artigo publicado o seis de agosto de 1995, intitulado; Entre a bondade e a xustiza. Neste fermoso texto; Casares relata o facer dun estraño persoeiro nas feiras de Xinzo que se celebraban os días 14 e 27 de cada mes. O vate limiao expresábase nos seguintes termos: Seguir lendo Incredulidade ou ficticia realidade?
Arquivo da categoría: Ensaio
A eterna cama de pedra: os sartegos de Pomar e Quins
Víctor Barbeito Pose. A escasa distancia do actual templo de Posmarcos, no medio dunha fermosísima fraga rodeada de socalcos que lle inspira un encanto especial, localízase unha pequena necrópole moi singular, denominada Os sartegos do Pomar, tallada sobre un afloramento rochoso que seguramente serviu como camposanto de certa «aristocracia» local. Seguir lendo A eterna cama de pedra: os sartegos de Pomar e Quins
Salvú
Agustín Agra. A Sicilia téñolle querenza. Os relatos de O recendo das mimosas (Xerais, 2009): O enxido dos lagartos –cun Luigi Pirandello a vagar polas ruínas de Akragas despois do pasamento– e Wunder-bar –con Taormina, a vila do famoso anfiteatro romano empoleirado nun balcón sobre o Mediterráneo, como escenario pro-tagonista– dan testemuño desta afirmación. Seguir lendo Salvú
Rituais
Francisco Ant. Vidal Blanco. Contra-riamente ó que nos contan, os romanos aceptaban moi facilmente a importación de deuses foráneos, o que non admitían era a imposición. Tiveron problemas para aceptar nun primeiro momento a introdución da Isis exipcia que acabou sendo unha das maiores deidades do imperio, e declaráronlle a guerra á rama cristiá dos xudeus porque entraban como energúmenos nos templos rachando coas imaxes dos ídolos de toda a vida. Seguir lendo Rituais