Román Arén. Poucos serán os que non oíron falar das Fábulas en verso castellano (1781 e 1784) de Félix María Samaniego Zabala (1745-1801), en realidade adaptacións libres de Fedro e Esopo. É, co de iriarte, un dos poucos libros populares do Neoclasicismo español, e a fonte do auxe da fábula na poesía castelá do século XIX, na que destacaron Campoamor, Cristóbal Beña, Hartzenbusch, Felipe Jacinto Sala, Campos Carreras e algúns galegos como o Barón de Andilla e Concepción Arenal. Na literatura galega tivemos un fabulista notable, Amador Montenegro, e o xénero está presente entre nós dende 1864. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LXII. Un fabulista: Samaniego
Arquivo da categoría: Ensaio
A chama ardente: éxtase e gozo místico
Fidel Vidal. A éxtase, o arroubo, é unha forma especial de alienación. Un xeito singular de estar e ser fóra dun mesmo sen saír de min. Se os demais son quen de me conferiren determinadas calidades, incluso facendo unha descrición do meu carácter que eu non recoñezo como tal, sexa como for, están referíndose a min, e eu sabendo que “son eu” de quen falan (como un outro). Ese eu incompatible co eu que teño que ser, tamén son eu, pero –esténdese Sartre- metamorfoseado por un medio novo e adaptado a ese medio: “É un ser, o meu ser, pero con dimensións de ser e modalidades enteiramente novas Seguir lendo A chama ardente: éxtase e gozo místico
Occidente
X. Ricardo Losada. Teño un amigo que leva anos propoñéndose deixar de ver o telexornal sen éxito. Aínda que podería quedar como un tipo sensible dicindo que non aguanta tantas atrocidades e inxustizas, o que de verdade o irrita, segundo el mesmo recoñece, é comprobar que non lle afectan máis alá dunha empatía fugaz ou dun remorso retórico. Calquera pequeno contratempo caseiro (o teclado do ordenador quedou sen pila, por exemplo) irrítao máis que as imaxes da guerra en Siria ou dos terremotos en Italia. E, por moito que lle digan, non cre ser unha excepción. Se nos afectasen todos os males do mundo como nos afectan os das persoas máis próximas, dime, estariamos todo o día chorando e, nin como individuos nin como especie, sobreviviriamos. Seguir lendo Occidente
A química do ánimo

Francisco Ant. Vidal Blanco. Quen non se sentiu algunha vez feliz en plena soidade, sen máis ocupación que a contemplación, iso que alguén chamou «o marabilloso paspar»?. Sen embargo, a soidade prolongada xa non é o mesmo. Seguir lendo A química do ánimo