Arquivo da categoría: Ensaio

Mascotas artificiais

mascotaX. Ricardo Losada. Traballando en clase o tema da intelixencia artificial, dígolles aos alumnos que moitos expertos consideran que no futuro a maioría das mascotas serán robóticas pois teñen moitas vantaxes. Un can robótico, por exemplo, non defeca, non come nin se mancha, non deixa pelos no sofá, non rompe as cousas, non ataca os donos nin os veciños, ladra só cando debe ladrar, pode vivir nun piso sen coller neuras, é inmortal e non ten que ir ao veterinario. E aínda máis. Seguir lendo Mascotas artificiais →

Makbara, na memoria de Juan Goytisolo

goi1Fidel Vidal. Na praza de Xemaá-el-Fná de Marraquech, hai unha placa enorme que certifica en varios idiomas a súa declaración como patrimonio inmaterial da humanidade. Moito tivo que ver nesa proclamación Juan Goytisolo (1931-2017), que presidiu durante anos o comité de selección da Unesco: “Foi unha maneira de a protexer da especu­lación inmobiliaria”. Preto dela mercou unha casa en 1981, “cando ninguén quería vivir na Medina”; de aí o verbo “medinear” que el distingue de “pasear”. Un ano antes publicara Makbara, unha novela dedicada “aos que a inspiraron e non a lerán”, é dicir, aos habitantes da cidade ocre-rosada. Seguir lendo Makbara, na memoria de Juan Goytisolo →

Joyce (V), o papel das mulleres, fundamental

joyce zurichGonzalo Trasbach. Mais con todo, moita xente axudou a Joyce para sacar adiante unha obra na que o dublinés tivo que librar unha continua loita a morte para vela publicada. Ademais do baluarte que foi, como xa se indicou, Pound, quen se foi distanciando do irlandés segundo este lle ía remitindo textos de Finnegans, proxecto no que non cría o norteamericano afincado en Venecia, tamén é de destacar a do crítico e escritor francés Valery Larbeau, a quen Joyce visitou cando fuxía cara a Zurich en Vichy, onde residía logo de perder a fala e a mobilidade en 1935. Seguir lendo Joyce (V), o papel das mulleres, fundamental →

Joyce (IV), a postura de Eliot

eliotGonzalo Trasbach. E se ben se pode desculpar ao vello Shaw e tamén ao bate Yeats, a quen James Joyce apreciaba e cuxo falecemento, o 28 de xaneiro de 1939, o embargou de emoción; a todos os demais custa facelo, pois tiveron xestos perigosos, difíciles de perdoar nos creadores, pois neles detectábanse actitudes defensivas ante o que consideraban unha posta en cuestión dos seus antigos privilexios, os dos artistas considerados coma únicos gardadores, detentores e manipuladores da linguaxe da tribo. Mais escápase deste contexto a postura de T.S. Eliot? Seguir lendo Joyce (IV), a postura de Eliot →