Arquivo da categoría: Ensaio

Pipper’s, un prodixio de psicodelia

beatrle1Gonzalo Trasbach. Un 26 de maio de 1967 pechouse a gravación de “Sgt. Pipper’s Lonely Hearts Club Band”, o talvez máis aclamado disco de The Beatles, que non se publicou ata o 1 de xuño. En 1974, a revista musical NME elixiuno coma o mellor álbum da historia da música popular contemporánea. O mesmo título que no 2003 lle outorgou Rolling Stone. Aínda arestora, 50 anos despois, numerosos críticos musicais o cualifican cun dez sobre dez. Seguir lendo Pipper’s, un prodixio de psicodelia →

A inutilidade do G-20

simpsons--644x362-ksBC--620x349@abcFrancisco Ant. Vidal Blanco. Vinte contra un e ganou o un por goleada. Nada de cambio climático e toda a protección para as súas empresas. Igual ca con aquel amigo da nosa infancia, que por ser dono do balón escollía xogadores, era o adestra-dor de propios e contrarios e o único árbitro con decisións inapelables, o señor Trump impón as súas regras e todos se axeonllan. Seguir lendo A inutilidade do G-20 →

Lei e gozo

fe2Fidel Vidal. Este é o primeiro e único principio da ética sexual: o acusador nunca ten a razón, afirma Adorno. A presenza do pai non só impón represión sobre a posta en acción do acceso ao gozo senón tamén, mediante a interiorización simbólica -simbiótica- propón a veda, a inserción da Lei, a lei da prohibición do incesto, coa máxima expresión precisamente cando falta o pai. No seu lugar haberá un oco, un baleiro convertido en metáfora: a metáfora do Nome do Pai. Seguir lendo Lei e gozo →

Correr é de covardes

chovendo1X. Ricardo Losada. Tras ler un texto meu no blog Café Barbantia sobre os paraugas e a chuvia, Magdalena escribiu un comentario no que contaba unha substanciosa anécdota. Un señor de Palmeira vai cos dous fillos en bicicleta cara o estaleiro do Caramecheiro. De súpeto comeza a chover e os fillos pedalean con máis forza para chegar primeiro. O pai grítalles: “Pero que facedes, non vedes que se corredes máis, colledes a chuvia de aquí e a de alá”. Seguir lendo Correr é de covardes →