Arquivo da categoría: Ensaio

Amor platónico e amor místico

la llamaFidel Vidal. Estamos a seguir os pasos guiados da man de Octavio Paz no seu excelente volume La llama doble, Amor y erotismo (Galaxia Gutenber, 1997). Acompañado dunha selecta iconografía trata dunha viaxe poética a través da historia literaria do amor. Nel aprendemos que Platón, tamén poeta, é o fundador da nosa filosofía do amor. “A súa influencia aínda persiste, sobre todo pola súa idea da alma”. No entanto, o amor de Platón non é o noso. “Incluso pódese dicir que a súa non é realmente unha filosofía do amor senón unha forma sublimada (e sublime) do erotismo.” (páx. 43) Seguir lendo Amor platónico e amor místico →

De plaxios e citas

plaxioAntón Riveiro Coello. Quen non fala pola boca dos demais? Semprún dicía que as citas son as muletas dun pensamento coxo e inseguro, coma o meu, ou coma o dese político local que abría os seus discursos coa frase: “Churchill e mais eu pensamos…”, un xeito inocente de validar unha prédica da que o escritor e estadista británico non era responsable. Seguir lendo De plaxios e citas →

Cunchas sen desperdicio

cunchasFrancisco Ant. Vidal Blanco. Entre as moitas aplicacións das cunchas de vieira, están a de servir tanto para palmatoria coma para cunca. Lembrade aquel refrán recollido por Zamora Mosquera: «Os de Palmeira e Santa Uxía de Ribeira, beben o viño pola cunca da aviñeira». Pero sen dúbida, quen máis beneficio lle sacou foi a Santa Sé compostelá, que despois de aproveitarlle o de dentro para manxar dos seus señores, era usado o envoltorio como certificado de peregrinación. Seguir lendo Cunchas sen desperdicio →