Francisco Ant. Vidal Blanco. Saín un pouco triste do club de lectura ó que pertenzo, porque a análise literaria estendeuse máis aló dos recursos e técnicas narrativas para abrazar a mensaxe social. A tristeza non o foi por descontento, senón pola incomodidade que nos provocou un dos asistentes despois de que nos fixera ver que aquela lectura ambientada na Segunda Guerra mundial estaba falándonos do presente e retratando o noso desleixo. Seguir lendo A función da lectura
Arquivo da categoría: Ensaio
Steiner, no limiar dos 88 anos (IV)
Gonzalo Trasbach. Balizada a súa infancia polos discursos radiofónicos de Hitler, admite no limiar dos seus días que a súa traxectoria estivo excesivamente poboada de hoteis. Pero di que garda moi gratos recordos de tres, en cuxas terrazas ou en cuxos balcóns quedou petrificado, pois alzábanse directamente sobre tres magníficos ríos: O Rin ao seu paso por Basilea, a cidade de Erasmo e Nietzsche. De noite, cando o alento do caudal se acerca e se afasta, as súas luces deslízanse xunto aos balcóns do Trois Rois. Ao longo do seu percorrido dende o seu nacemento até o estuario de Róterdam, o Rin foi testemuña de cerimonias e odios, de acontecementos musicais e literarios e da contaminación da historia europea. Por aquí aínda navegan algunhas barcazas. Seguir lendo Steiner, no limiar dos 88 anos (IV)
Steiner, no limiar dos 88 anos (III)
Gonzalo Trasbach. Fronte á fiestra: unha paisaxe primaveral. Mais a túa cabeza garda unha escena invernal. A neve caía e amontoábase no medio dunha bruma branca. A estrada rural desvanecíase na néboa. De súpeto, a tormenta amainou e o coche, que conducía Zara con George ao lado, entrou nun espazo aberto, luminoso e frío. Estaban nun cornecho do Franco Condado. Seguir lendo Steiner, no limiar dos 88 anos (III)
Steiner, no limiar dos 88 anos (II)
Gonzalo Trasbach. A obra de Steiner é excepcional e histórica. Isto é así porque expón as primeiras cuestións esenciais sobre a orixe e evolución, técnica e espiritual, das culturas occidentais: dende a Xénese até a encrucillada dos nosos días, no limiar dunha nova civilización ou da constitución dunha nova humanidade. De feito, estima que os cambios que modificaron os conceptos da comunicación, da información, do coñecemento, da xeración de sentidos e formas, son probablemente os maiores e os de consecuencias máis fondas, dende que o “home sapiens” elaborou a linguaxe. Seguir lendo Steiner, no limiar dos 88 anos (II)