Arquivo da categoría: Ensaio

Avilés… vinte e cinco anos despois (I)

aviles1Pilar Sampedro. Pasan os días converténdose en anos. Transcorre o tempo e un cuarto de século sepáranos daquela data na que o poeta decidiu irse co inverno, deixando a primavera nas nosas mans.

Enchéronse os camiños de Taramancos a Boa de xente de todo tipo. Homes e mulleres camiñaban detrás do home que metera nun corpo de mariñeiro a cultura e a erudición, a capacidade creativa e o compromiso intelectual.

Eu dixéralle o día anterior, a quen máis tarde se convertería en político: “Tes que ir a Taramancos, porque dentro de moitos anos… acordaraste”. Seguir lendo Avilés… vinte e cinco anos despois (I) →

Amor e interese

capuchinoFrancisco Ant. Vidal Blanco. Hai un tipo de mono no Brasil que liga usando unhas pedras como ferramenta para cascar noces, co que atrae a atención das femias que quedan máis engaioladas coa súa habilidade ca cos seus atributos anatómicos. Porque esa maña dálles a seguridade de saber que, coa tal habelencia, o machote sempre terá algo que ofrecerlle, aínda que só sexa o contido duns froitos secos. Seguir lendo Amor e interese →

Galicia e os galegos na poesía castelá LVI. Ánxel Johán e Ignacio Quintana

sonetosRomán Arén. Ánxel Johán (Lugo, 1901-Madrid, 1965) foi un destacado ilustrador da vangarda galega, sobre todo no campo da xilografía, de raíz expresionista, que colaborou en <Ronsel>, <Yunque> e <Guión>, ademais de pintor. Establecido en Canarias, pola súa profesión, dende 1929, fiel á causa republicana, estivo no cárcere de 1937 a 1942, foi depurado e mesmo estivo condenado a morte. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LVI. Ánxel Johán e Ignacio Quintana →