Arquivo da categoría: Ensaio

Galicia e os galegos na poesía castelá CLVII. Stella Corvalán

unnamedRomán Arén. Non son escasas as alusións a Galicia e aos galegos na poesía hispanoamericana, xa dende a época colonial (Sor Juana Inés de la Cruz, Juan Ruiz de Alarcón), e así Mendive, Rubén Darío, A. Capdevila, Neruda, Augier, Bufano, Nancy Morejón, Juana de Ibarbourou, Hugo Gutiérrez Vega, Ribera Chevremont, Enriqueta Terán, Rubén Benítez, Bossa Herazo, González Carbalho, Casal, Molinari, Bosco e moitos outros darían para unha interesante escolma. A eles habería que engadir os que cantaron ao apóstolo Santiago, que Margarita Vila estudou nun traballo de 1993: José Santos Chocano, Ricardo James Freyre, Jaime Mendoza, Peralta Barnuevo, Rothschu Tablada. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLVII. Stella Corvalán

Expediente literario rianxeiro

descargaOliveira Casal. O pasado venres doce de novembro, Xesús Santos e Xosé Comoxo presentaron no Auditorio de Rianxo o cardeniño número 9 dos Episodios Republicanos Barbanzáns. O finado e querido mestre X. Costa Rodil colaborou tamén no proxecto. Santos, o poeta de Asados, naceu o 28 de setembro do 36, un par de meses despois de que o frustrado golpe de estado desencadeara a Guerra Civil. É o escritor rianxeiro contemporáneo de máis avanzada idade. Un compendio de virtudes humanistas. Seguir lendo Expediente literario rianxeiro

Enchente

CxIS7OgUAAEB8z1Fidel Vidal. A escrita ía de opíparos xantares, de óperas e operacións a corazón aberto, á beira dun canal, quer dicir, na canle dunha escura e nocturna beirarrúa. Agardamos pola quenda literal dos manxares a mans de leiteiras con poxa. Ou literarios? Só había que deitarse á espera dunha espléndida sesión de prosopopeas experimentais, compartidas coa cirurxía especializada en especias que adoban a maxistral pitanza –pitos e frautas Seguir lendo Enchente