Román Arén. Foi Teodosio Vesteiro Torres o primeiro que, no século XIX, puxo a atención nun poema de Frei Diego de Valencia dirixido a Vasco Lopes, en realidade a Vasco Pérez de Camôes, pretenso pai do autor d’Os Lusiadas, que na Crónica de Juan I figura como galego, o mesmo que no Cancioneiro de Baena. Cren algúns, erroneamente, que o apelido Camôes é corrupción de Caamaño. Tamén o Marqués de Santillana cita este Vasco de Camôes, do que non conservamos obra, mais si a “pregunta” que lle dirixe Diego de Valencia, da que amoso un fragmento: Vasco Lopez, amigo, Dios vos consuele,/e mas vos ensalce e onrra e bien/que vos me digades de qual parte vien/desir siempre ¡ay! E nada non duele. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLVI. Frei Diego de Valencia
Arquivo da categoría: Ensaio
Charo Lopes
Pastor Rodríguez. Natural de Boiro, fotógrafa, xornalista e poeta. Colaboradora de Barbantia, en 2007 foi incluída polo seu concello natal no Catálogo de Novos Creadores do Barbanza. Licenciada en Xornalismo, na universidade de Compostela vencéllase ás loitas sociais e políticas cunha visión independentista. En Ourense fórmase como fotógrafa artística na ESAD Antonio Faílde e xa na Coruña cursa un Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade. No ano 2014 recibe o primeiro premio Xuventude Crea da Xunta de Galicia polo poemario Random. Do quotidiano e en 2015 gaña o Premio Fiz Vergara Vilariño con De como acontece o fin do mundo (2016) e logo o Premio de poesía Cidade de Ourense con Álbum (2020). Seguir lendo Charo Lopes
A casa de Fiódor en Moscova
Xerardo AgraFoxo. A casa de Lev en Moscova, onde se refuxiaba no inverno, cos seus muros de madeira amarelos, a fermosa biblioteca, o coidado xardín e a bicicleta que aprendera a manexar con 60 anos, semella un abeiro amábel. A casa de Fiódor en San Petersburgo é un lugar máis triste, talvez porque garda nos seus cuartos os recordos dunha vida amarga. Sendo un mozo de ideas progresistas, Fiódor sufriu un simulacro de fusilamento, logo pasou dez anos de prisión e desterro en Siberia, onde conviviu con ladróns e asasinos. Cando tiña 18 anos, uns criados mataron o seu pai en vinganza pola súa brutalidade. Así se desenvolveu unha vida marcada pola angustia, o mal e o crime. Seguir lendo A casa de Fiódor en Moscova
Ava: a muller na sombra da lenda
Gonzalo Trasbach. Segundo conta a lenda, foron moitos os homes que pasaron pola vida de Ava Gardner: <El animal más bello del mundo>, como afirmou no seu día Ernest Heminway. O seu paso por España foi tórrido e ateigado de escándalos, soados escándalos con luz e taquígrafos. Chegou para rodar unha película, pero o noso país enganchouna coma un chute nas veas. Neste sentido dixo nunha ocasión: <Me encanta España, porque se parece a mí. Es violenta, rural y caprichosa>. Ava veu ao mundo nunha pequena vila de Carolina do Norte (USA) na alta noite dun 24 de decembro de 1922. De seguir entre nós acadaría os 99 anos o vindeiro día de Noiteboa. Seguir lendo Ava: a muller na sombra da lenda