Pilar Sampedro. Hai un días entregouse o premio APECSA (da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago) ao grupo musical A Quenlla, en base ao seu traballo Trobador no Camiño. As cantigas de Martín de Padrozelos. Un acto celebrado no Museo das Peregrinacións, como correspondía e onde nos foi entregado o volume De amor e de amigo. As cantigas de Martín de Padrozelos. Cando imos afondando no volume, atopamos que todo nace da chispa dun artigo escrito por Novoneyra e publicado en El Progreso en 1954 Seguir lendo Música con premio para unha investigación
Arquivo da categoría: Ensaio
Tuberculose
Uxía Casal. As protuberancias que se ven nas pólas provócaas unha enfermidade específica desta árbore: a tuberculose das oliveiras; non lle fai mal a ningún ser vivo máis ca a elas. Pódese frear o seu avance, seica, cun preparado de cobre, mais os especialistas dubidan dos seus efectos e dan este espécime por desafiuzado. Seguir lendo Tuberculose
Galicia e os galegos na poesía castelá CL. Garci Sánchez de Badajoz
Román Arén. Se establecésemos un índice de cales son os escritores galegos en castelán máis famosos, probablemente citariamos a Valle-Inclán e a Cela, a Emilia Pardo Bazán e a Torrente Ballester, a Cunqueiro e a Rosalía, a Feijoo e a Concepción Arenal, a Valente e pouco máis. E, sen embargo, esqueceriamos a moita sona que tiveron algúns escritores medievais como Macías Rodríguez do Padrón. No caso do primeiro a fama é maior cá obra e a súa lenda amorosa anda nos versos de Mena e Gregorio Silvestre, no teatro e na novela de Larra, en Diego de San Pedro e en Villena, no teatro de Lope e Romero Larrañaga, en Quevedo e Calderón e noutros autores. Só outra figura medieval é tan famosa entre os galegos: Inés de Castro, a de reinar despois de morrer. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CL. Garci Sánchez de Badajoz
Bosa, o castelo da familia Malaspina
Xerardo AgraFoxo. Esta é unha cidade, con certo aire renacentista, que se atopa empolicada encol dun outeiro, un cumio erguido a carón dun río que é navegable, caso único nesta illa, no último treito para embarcacións de pouco calado. Sobre este emprazamento estratéxico ergueuse na montaña de Serravalle o impresionante Castello dei Malaspina Seguir lendo Bosa, o castelo da familia Malaspina