Arquivo da categoría: Ensaio

A peste arrasa Noia no século XVI

xerarXerardo AgraFoxo. A través da Pesquisa sobre la peste y la despoblación de Noia durante el reinado de Felipe II, datada o 15 de maio do 1599, coñecemos como a vila de novecentos veciños só quedara en trescentos, e que estes eran moi pobres e non podían pagar as rendas. O 14 de xuño, Diego Gonçalez, do concello do Son, procurador xeral da vila de Noia Seguir lendo A peste arrasa Noia no século XVI

Notas sobre unha transfilia inducida

images (1)Ignacio Castro Rey. (Este é un escrito sobre o tránsito de quen decide elixir outro sexo. Nin que dicir ten que non se tenta dicir aquí nin unha soa palabra contra as libres e difíciles eleccións de cada quen, senón unicamente sobre o que Foucault chamaría un dispositivo, certo sutil regueiro de violencia inmanente que acompaña o poder biopolítico actual.) Onte falei cun amigo que está en tránsito. Sentín en Antonio, agora Pilar, o mesmo de sempre, un parecido humor amargo, similar sufrimento e ata un timbre de voz familiar Seguir lendo Notas sobre unha transfilia inducida

Caracois de Belvís

caracoisX. Ricardo Losada. Poucos días despois de coñecérmonos na entrega dun premio, Lupe Gómez mándame por correo o seu libro Caracois de Belvís, premio SELIC 2019. Ten unha fermosa dedicatoria, da que só vou destacar as palabras que se refiren directamente ao libro: Estes caracois que debuxan itinerarios de paz na paisaxe de Belvís, onde o rezo inaugura as fronteiras dun idioma novo. E destácoas porque quero comezar esta reseña aclarando algo. A miña primeira (e única ata o de agora) lectura deste fermoso libro estivo moi condicionada, sen que eu o determinase conscientemente Seguir lendo Caracois de Belvís

A España abarrotada

51VM2y5J4tLFidel Vidal. Da decena de amigos que volvemos xuntarnos para tomar un café, con fillos e fillas casadas, e netos algúns deles, bastante máis da metade dos seus descendentes non reside no noso país, en Galicia. Uns levan anos no estranxeiro, Reino Unido, Suiza, Estados Unidos, Portugal, incluso México. Outros, a maioría dos restantes, viven e traballan en Madrid. Se antes emigrábase só coa maleta -non esquecemos as de madeira-, hoxe en día, e non son poucos, ademais da maleta van acompañados de títulos superiores, enxeñeiros, médicos, economistas, avogados. Seguir lendo A España abarrotada