Arquivo da categoría: Ensaio

A rotonda cadrada

mateoFidel Vidal. O irresoluble problema de xeometría definida como cuadratura do círculo adoita usarse cando nos referimos a algo imposible, a unha ilusión propia de testas tocadas polo fantástico. Mais ninguén se ocupou do que poderiamos denominar “circulatura do cadrado”, da redondez ou circularidade do cadrado. Talvez porque o círculo goza de prestixio no mundo das mitoloxías. Representa o ciclo da vida, a integridade, a perfección orixinal. Velaí en forma de roda como símbolo da enerxía sol, nas aureolas dos santos, ou no propio Deus como un inmenso circo con centro en todas partes. Seguir lendo A rotonda cadrada

No aniversario de José Antonio González-Capeán Álvarez

Aniversario da morte. J.A.G-CAPilar Sampedro. Na aldea somos así. O Cabodano ten a súa importancia ata o punto de que, de novo, tocan a campás, para convocar a parroquia de vivos –como dicía o noso párroco– e así lembrar os que xa hai un ano que non están. Xa que non se puido facer nada hai un ano cando morreu, paréceme que esta pode ser unha boa ocasión para recordar alguén que tivo unha vida curta e alternativa, alguén que saíu da canle da porcelana de éxito Seguir lendo No aniversario de José Antonio González-Capeán Álvarez

Galicia e os galegos na poesía castelá CXLI. O cancioneiro de Palacio.

cancioneroRomán Arén. É ben sabida a importancia que ten o Cancioneiro de Palacio na poesía galega, pois ofrece os derradeiros ecos da nosa poesía trobadoresca, e del participaron, manipulando, máis ou menos a súa lingua, Sanz e Álvarez Blázquez para reproducir, cando menos, catorce cantigas que son galegas (de Macías, García de Pedraza, Pedro de Portugal, García de Medina, Pedro de Santa Fe, Antón de Montoro, mendo de Campo, Suero de Ribeira e algúns textos anónimos de raíz popular. Compilado entre 1500 e 1520, é co Cancioneiro de Baena, testemuño fundamental do período final (salvado o no achado de Henrique Monteagudo) da nosa lírica medieval. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXLI. O cancioneiro de Palacio.