Arquivo da categoría: Ensaio

2020, o ano sen primavera

TurnerPilar Sampedro. “O ano sen verán” (e tamén o ano da pobreza) foi como se lle chamou a 1816. Baixaran as temperaturas e o sol estivo oculto, as erupcións volcánicas en Filipinas e Indonesia foron causa de parte desta situación que provocou escaseza de colleitas e alimentos. Pero non foron só esas as repercusións da falta de verán, os efectos sobre a cultura fixéronse ver nas pinturas Seguir lendo 2020, o ano sen primavera

Estación terminal

pexels-photo-3669388X. Ricardo Losada. Cóntame Carmen, unha amable lectora, que, durante o confinamento, botou de menos o bisneto, pois adoita saír con el e sentar nun banco a ver pasar o metro de superficie de Madrid mentres o neno, cada vez que pasa un, di Adiós, ten. Gustoume tanto a historia que, de inmediato, asocieina co relato de Rafael Dieste O neno que quería ver o tren. Xa sei que o relato titúlase O vello que quería ver o tren, pero nun primeiro momento, condicionado pola historia de Carmen, cambiei a idade do protagonista. Aínda que non tardei en decatarme de que non era un erro tan ilóxico. Teño moitas dúbidas de quen é o protagonista do relato do autor rianxeiro. Seguir lendo Estación terminal

No centenario da “Lei seca”

250px-Detroit_police_prohibitionFidel Vidal. Desde os lamentables “botellóns” das fins de semana, até quedar cos amigos para tomar “unha copa” (non “un prato”), está visto que o consumo de alcohol forma parte da nosa cultura. Se o alcohol non tivese tan desastrosos resultados, sería unha substancia marabillosa, ideal, xa que logo, a doses axeitadas, é quen de volver valente ao covarde e mesmo desinhibir o tímido para “entrarlle” á moza dos seus amores. Seguir lendo No centenario da “Lei seca”