Arquivo da categoría: Ensaio

Galegas do primeiro terzo do século XX

IrmandiñasPilar Sampedro. Acaba de publicarse o ensaio de Aurora Marco, Irmandiñas, e a novela de Neira Cruz, Veleno de tinta impresa. Ambos, cada un da súa maneira, recollen esa época. Irmandiñas afonda no coñecemento das mulleres que formaron parte das Irmandades da Fala, na chamada Sección Feminina (non, non inventaron o nome os fascistas). O libro de Aurora Marco, en palabras de Montse Dopico, “non só reivindica as asociadas das Irmandades da Fala, senón tamén moitas mulleres que participaron de distintas iniciativas xurdidas arredor deste movemento: as que formaron parte dos coros e agrupacións teatrais; as sociais ou protectoras do Seminario de Estudos Galegos Seguir lendo Galegas do primeiro terzo do século XX

Os libros de David Bowie

el-club-de-lectura-de-david-bowieGonzalo Trasbach. A publicación do libro El club de lectura de D.B., pouco tempo antes deste noso confinamento, recordounos que o pasado dez de xaneiro fixo catro anos da morte de David Bowie (1947-2016). Dado que o impacto do seu finamento foi tan tremendo, tan inesperado, talvez nos pareza que a desaparición do intérprete e compositor inglés ocorreu hai moito menos tempo. Nado coma David Robert Jones, o artista veu ao mundo un oito de xaneiro de 1947 no barrio londiniense de Brixton e abandonouno definitivamente dous días despois de ter acadado a idade de 69 anos. Seguir lendo Os libros de David Bowie

Textos e emocións

textoFrancisco Ant. Vidal Blanco. Chegoume unha carta que me encheu de ilusión. Propoñíanme un negocio ofrecéndome todos os bens imaxinables. Tan ben redactada que case caio na trampa. Non sería a primeira vez que unhas palabras amables me convencen e logo danme a puñalada, o que me converteu nunha persoa moi desconfiada ante certo tipo de promesas, afagos e adulacións. Seguir lendo Textos e emocións