Arquivo da categoría: Víctor Barbeito Pose

Arqueoloxía en Santa Baia do Araño

BO25C5F1_191528Julián Bustelo Abuín|Víctor Barbeito Pose. A parroquia foi unha estrutura de organización territorial básica, xurdida no Medievo, que cristaliza no século XI, e vixente na actualidade. Foi un microcosmos no que tiñan gran parte das actividades cotiás, e non cotiás, dos seus fregueses, en cuxos límites moitos deles posiblemente pasaron toda a vida. Seguir lendo Arqueoloxía en Santa Baia do Araño

Novos gravados rupestres en Abuín

Unha rocha ten un círculo pechado e sendas depresións de 2 a 3 centímetros de fondo
Unha rocha ten un círculo pechado e sendas depresións de 2 a 3 centímetros de fondo

Julián Bustelo Abuín/Víctor Barbeito Pose. No lugar de Abuín, parroquia de Santa María de Leiro, no termo municipal de Rianxo, veñen de acharse novos gravados rupestres, dos cales tivemos coñecemento grazas ao alcalde rianxeiro, Adolfo Muíños. Os gravados atópanse en dúas lousas independentes que actualmente forman parte dun balado que pecha unha finca de dimensións considerables. Seguir lendo Novos gravados rupestres en Abuín

A eterna cama de pedra: os sartegos de Pomar e Quins

barbeitoVíctor Barbeito Pose. A escasa distancia do actual templo de Posmarcos, no medio dunha fermosísima fraga rodeada de socalcos que lle inspira un encanto especial, localízase unha pequena necrópole moi singular, denominada Os sartegos do Pomar, tallada sobre un afloramento rochoso que seguramente serviu como camposanto de certa «aristocracia» local. Seguir lendo A eterna cama de pedra: os sartegos de Pomar e Quins

Na procura da Atlántida ribeirense: a cidade asolagada de Valverde

atlantida
Contorno da marisma de Carregal no parque natural de Corrubedo

Víctor Barbeito Pose. A ninguén lle sorprenderá que no litoral costeiro das parroquias ribeirenses de Artes e Olveira existe unha marisma próxima ao mar, dentro do actual sistema dunar de Corrubedo, na que se conta que se atopa cuberta polas súas augas a mítica cidade de Valverde. Nisto non hai ningunha achega nova, xa que a lenda é amplamente coñecida, como tamén acontece con outras moitas lagoas en terreos galaicos, como a de Alcaián, en Coristanco, ou a de Antela, na Limia, que asolagou a cidade de Antioquía. Seguir lendo Na procura da Atlántida ribeirense: a cidade asolagada de Valverde