Marina Losada Vicente. Busquei a túa orixe, da que apenas tiña referencias. Supoñía, iso sí, que estarías en mans de mulleres. Non o pesei porque sexamos mellores ou máis estupendas, non. Pensei en nosoutras porque na vida diaria, neste país e nos da contorna, no continente e no resto dos mundos todos, somos as mulleres quen, en maior porcentaxe, te sustentamos. Seguir lendo Oda a ti, ben prezado -con algo de prosa-
Arquivo da categoría: Marina Losada
Primeira impresión
Marina Losada Vicente. Impresionouna a primeira vez, cando explicaba o tipo de danza que ía impartir no centro social. A presentación de cada alumna, á semana seguinte, non fixo senón acrecentar en Daniela aquela sensación. A forma de desprazarse de Mare, relaxada e libre, distendida, como quen camiña no aire, ou non camiña, sen conciencia do propio movemento. O estar ausente e atenta ao tempo. Presente con sabor a espertar. Unha pinga de abstracción, non sabería dicir. Aínda que algo intuía, foi a ficha de inscrición a que lle pechou a porta. A pupila é quince anos máis vella que a mestra. Unha montaña que non sabe como escalar. Seguir lendo Primeira impresión
Dilema
Marina Losada Vicente. Deiteime coa pregunta e levanteime con ela. Non é tanto o problema técnico, que tamén, é un dilema moral. Atendo o meu ego? Fago o que me pide o corpo, a cabeza, o espello? Fago o que necesito facer, aínda que ata hoxe fosen outras mans as que operaban o milagre? Seguir lendo Dilema
A memoria das baleas
Marina Losada Vicente. A reloxo parado, fóra xa do tempo de desconto, Amalia cambiou o testamento. O que tiña claro aos sesenta anos, e que ratificou aos oitenta, producíalle nese intre un gran pesadume, unha angustia maior que saber que non volvería ver a súa única filla, Delia, nin a sentir o agarimo das súas mans. Seguir lendo A memoria das baleas