Arquivo da categoría: Marina Losada

Lurditas

30185a0081d9bbc2b356f46466039c3fMarina Losada Vicente. Arrastrouna á aldea. Atrás o acomodo da cidade, onde todo acaía á man. De primeiro, a casa grande entretívoa poñendo visillos, tecendo tapetes. O home quería a xubilación para plantar leitugas e ela, que teimou en non ir, limitouse a un pequeno xardín na entrada. Atrás as amigas da partida, a misa dos domingos, o banco do parque cos netos, os comercios onde era tan apreciada, o cine de cando en vez. No horizonte, a procura da paz co home que amaba, que a convenceu de que, cunha casa grande, os fillos e os netos estarían presentes a cada paso. E estaban si, os domingos á mesa posta. Pero a semana ten sete días e cada día ten vinte e catro horas, máis agora, que se levantan ao alba, manía imposta. Seguir lendo Lurditas

Pantalón de coiro, cinto dourado

MF921A08O-G11@9Marina Losada Vicente. Vestino sentindo que valía máis que todo o contido do meu roupeiro. Un pantalón de coiro, de cor tella, coa etiqueta arrincada para que non o puidese devolver, e un cinto dourado, de moito deseño. Non tiña eu chambra que fose conforme, nin prenda de tanto nivel. Non tiña zapatos á altura das circunstancias, nin bolso que lle fixera bo acomodo. Por non ter, non tiña costume de achegarme aos escaparates onde se podería vender unha peza dese importe.            Un día chegou ás nosas vidas Elvira, unha muller de aldea costeira, como a nosa, pero na outra punta da provincia. De atopala na volta da esquina sen maquillar, de seguro que non a recoñecería, nin eu nin ti, que tanto te mirabas nela. Seguir lendo Pantalón de coiro, cinto dourado

Chalé & Casa

casa-unifamiliar-americanaMarina Losada Vicente. Canso de que o compañeiro de pupitre repetise acotío “o meu chalé”, “vou ao chalé”, “chámote desde o chalé”… aquela tarde Xurxo decidiu deixar a súa casa atrás e facer a corredoira, agora asfaltada, que levaba á vivenda de Eloi. Atopou, detrás dun muro formado por dúas filas de bloques e un metro de tea de galiñeiro, unha casa pintada de azuis e amarelo, que se parecía en todo a calquera outra casa. Seguir lendo Chalé & Casa