Marina Losada Vicente. Lois, que as imita nos pasos de ballet, dise Losado; Losada, as irmás; a camiseta rosa, de muller. A palabra acorde co envoltorio. Vexo un vídeo que fala da “dictadura de género disfrazado de igualdad” tratando de ignorantes e cansinas ás que dicimos “nenos e nenas”. Ignorantes nunha gramática na que non valía ata onte arquitecta, avogada, xuíza… Seguir lendo Espicho & mariquita
Arquivo da categoría: Marina Losada
Cantar de cegos
Marina Losada Vicente. E a meniña contou o conto mal que sabía; e fixo caso, cando na casa, así dicían: El cuento es cuento, no tengas miedo, es fantasía.
Tragou que o papa levouna á cama, día tras día; que desde a porta cantaba aquilo que repetía: Duerme mi niña duerme, que es tu sueño, mi alegría. Seguir lendo Cantar de cegos
Manda testamentaria
Marina Losada Vicente. Tendo ido á notaría deixar por escrito o destino dos bens materiais, veño aquí testar sobre o que máis me identifica, a fala, que abriu os camiños todos aos nenos e ás nenas da casa. Os alalares do berce, aqueles que aínda hoxe acompañan o meu sono, “meu meniño foi ao viño, rompeu a xerra no camiño, pobre xerra, pobre viño, pobre cu do meu meniño“. Seguir lendo Manda testamentaria
De volta ás andadas
Marina Losada. Apareceu de súpeto na cociña, como saído da nada. No silencio dos pés descalzos, a brancura do calzón sobre a pel branca fai tremer o corazón, que se acelera; o corpo miúdo e brando, abaneando a cada paso, descansa no limiar da porta. Seguir lendo De volta ás andadas