Ignacio Castro Rey. Non é sequera medo. Sinxelamente, o que é lento, o sombrío e difícil resulta aburrido para eles, anticuado e inútil. Por iso, cando non teñen máis remedio que asistir a algo diso, sexa en clase ou na casa, éntralles soño. De aí os bocexos e as caras abstractas das “pallas mentais”. Seguir lendo A cesárea dunha nova humanidade? (II)
Arquivo da categoría: Ignacio Castro Rey
A cesárea dunha nova humanidade? (I)
Ignacio Castro Rey. Xeneralizar é abusi-vo e perigoso. Mesmo cruel, esaxerado, inxusto. Pero sen xeneralizar non se pode pensar nin discutir nada, xa que entón quedamos só en casos particulares, onde cada un é fillo de súa nai e pouco hai que dicir. Seguir lendo A cesárea dunha nova humanidade? (I)
Apocalipse xovialmente integrada (IV)
Ignacio Castro Rey. Exemplarmente, nesta inmadureza unisex, no narcisismo expandido que –ata os setenta- esixe un divorcio perpetuo de calquera compromiso. Para empezar, cun complexo pasado. Cando algúns maiores parecen pórse duros e esixentes, ás veces só intentan compensar o líquido amniótico no que viven os seus fillos con certa ironía, á forza analóxica e cruel. Seguir lendo Apocalipse xovialmente integrada (IV)
Apocalipse xovialmente integrada (III)
Ignacio Castro Rey. Como, cando esper-tarán? Ao prezo de que traumas, cando ata fracasar está prohibido na nosa cultura do aprazamento continuo? Durante moitos días, mentres a aburrida autoridade do adul-to fala e fala, non fan ningunha pregunta. Seguir lendo Apocalipse xovialmente integrada (III)