Gonzalo Trasbach. A ilustradora, cantante, guitarrista e compositora Marissa Nadler, nada en Washintong fai 35 anos, presentou nos últimos tempos un dobre traballo. Por un lado, “Strangers” e por outro, “Bury Your Name”, un lote de cancións que descartou do primeiro disco citado. Nos dous penetra en territorios sonoros densos, onde a pureza do punteo acústico é substituído pola electricidade espectral do mellotron, instrumento que lle permitiu ampliar a súa versatilidade vocal e compositiva, facetas que comezou a transitar no álbum “July” (2014). Seguir lendo Unha cesta chea de discos no Nadal (II)
Arquivo da categoría: Música
Unha cesta chea de discos no Nadal (I)
Gonzalo Trasbach. Prezadas/os todos/as. Tal como prometera cando comentei o último (polo de agora) disco do recentemente falecido Leonard Cohen, neste Nadal mándovos unha cesta chea con discos. Lamento que non haxa unha panxoliña, pero aí van en forma de agasallo os palpitantes espazos e paraxes sonoros nos que me detiven nos últimos meses. Aproveitando que se celebra o 25 aniversario da publicación de “Out Of Time”, vou comezar con Losing My Religion, canción franquía dun disco que en 1991 catapultou á fama mundial os R.E.M. Seguir lendo Unha cesta chea de discos no Nadal (I)
Vacas, ou as laganhas de Frank Zappa
Alberte Pagán. AS LAGANHAS DE FRANK ZAPPA. Gosto de toda a ampla e variada produçom musical de Frank Zappa. Mas nom passam de meia dúzia os álbuns aos que volto umha e outra vez: as cançons do Apostrophe, a música orquestral de vanguarda de The Yellow Shark, ou o jazz-rock de Hot Rats, disco que roça a perfeiçom.
Mas há um álbum ao que tenho especial apreço: Sleep Dirt, o primeiro inteiramente instrumental da carreira do músico. Seguir lendo Vacas, ou as laganhas de Frank Zappa
Leonard Cohen di adeus cun disco excelente
Gonzalo Trasbach. I’m ready my Lord. Así di Leonard Cohen (Canadá, 21 de setembro, 1934) na canción que abre “You Want It Darker”, o décimo cuarto álbum do cantante, escritor e poeta canadense, que recentemente acadou a moi honorábel idade de 82 anos. A principal novidade neste traballo do compositor da moi celebrada e aínda lembrada Suzanne é que soa a despedida, a un adeus definitivo tanto da actividade artística coma deste mundo cruel. Seguir lendo Leonard Cohen di adeus cun disco excelente