Gonzalo Trasbach. Querida Amy. Lembreime de ti cando hai poucos días visitei Camden Town, o barrio onde naciches un 14 de setembro de 1984 e onde te atoparon morta o 23 de xullo do 2011. Hai agora cinco anos que nos deixaches. Daquela, dicían os medios, miña raíña, que fora por mor dunha parada cardíaca causada polos excesos con alcohol e as drogas, adiccións agravadas pola túa bulimia, a que forzou a túa repentina fuxida deste mundo cruel. Eu, miña nena, penso que marchaches porque xa non eras quen de soportar tanta tristura e tanta estupidez. Tamén conta a lenda que nunca puideches coa separación dos teus pais, feito que ocorreu cando só tiñas nove aniños e que deixou no teu corazón unha fonda fenda de falta de afecto e autoridade. Seguir lendo Carta para Amy Winehouse
Arquivo da categoría: Música
Poesía e Jazz-Unha antoloxía (II)
Miguel Mariño. E en galego, na nosa poesía, cando aparece o jazz? Non estou seguro, pero hai un pequeno monllo de textos anteriores a 1936, no que o primeiro foi Xulio Sigüenza en 1928 no poemario Cantigas e verbas do ar, onde aparece “Jazz-band”, que une a música anovadora a temas tradicionais galegos: “O mar estrena ista noite/o seu jaz-band, que é noviño,/e pra escoitalo galopa/sobor dos ermos do río.//Baixo a batuta do vento/ceibando as notas de fol,/a gaita gris dos carballos/rola no céspede mol./E agora que sal a lúa/-outro pandeiro trunfal-/as estrelas i-os loceiros/dan aturuxo final”. Jazz e gaita non son incompatibles, o que tamén se verá en “Bood-by, Galicia” de Uxío Montes en Versos a tres cas o neto (1930). Seguir lendo Poesía e Jazz-Unha antoloxía (II)
Poesía e Jazz-Unha antoloxía (I)
Miguel Mariño. Teño nas mans a magnífica antoloxía Fruta extraña. Casi un siglo de poesía española del jazz (Sevilla, 2013), de Juan Ignacio Guijarro, a máis completa e informativa das que circulan en castelán. Ben definida como “española” porque inclúe tamén exemplos de poesía catalá (Espriu, por exemplo) e galega (Manuel Rivas), sempre que atopase versión castelá fiable. Ademais é “española” porque exclúe poetas hispanoamericanos, agás que se nacionalizasen (Neuman, Cristina Peri Rossi). Só lle atopo unha ausencia importante, a da galega Mª do Carme Kruckenberg, autora de Jazz espido. Un e dous (Cangas, Barbantesa, 2011), con trinta e catro poemas en versión bilingüe, castelán-galego, que tivo o antecedente de Jazz espido (Sada, O Castro, 1999). No poemario están os nomes fundamentais do jazz. Seguir lendo Poesía e Jazz-Unha antoloxía (I)
Blonde On Blonde e a noticia da morte de Dylan
Gonzalo Trasbach. Camiñando sobre os pasos da miña mocidade en Londres, lembreime daquel cuarto na área de Kilburn, preto de Abbey Road, onde polas noites Bob Dylan soaba con frecuencia na radio. Entón evoquei aquelas cancións: para empezar, o día 16 do pasado maio cumpríronse 50 anos da publicación de Blonde On Blonde, o sétimo álbum de estudio de Robert Zimmerman (Minesota, 24/5/1941), alias Bob Dylan. Seguir lendo Blonde On Blonde e a noticia da morte de Dylan