Arquivo da categoría: Música

Ella Fitzgerald: un legado monumental

ella loveGonzalo Trasbach. Un 15 de xuño de 1996, é dicir, vai facer vinte anos, Ella Fitzgerald deixou de cantar para sempre tras deixarnos un formidable legado de máis de 250 gravacións. A homoxeneidade foi o denominador común da súa longa carreira artística. Nacida un 25 de abril de 1917 en Newport (USA), a que máis tarde sería coñecida como Lady of Song debutou en 1935 cando se publicou Love and Kisses, un disco no que aínda se amosaba coma unha adolescente coitadiña e cunha madura pulcritude formal, un feito que resulta divertido ao comparalo coa relaxada voluptuosidade e espontaneidade xuvenil da súa última etapa como vocalista. Seguir lendo Ella Fitzgerald: un legado monumental

A ferocidade poética de Sylvia Plath

hipoGonzalo Trasbach. Hypoxia, o disco da cantautora Kathryn Williams, levoume ata o curruncho do andel onde durmían os poemas de Sylvia Plath (Boston, 1932-Londres, 1963). Invitada a compor cinco cancións inspiradas na obra da escritora e poeta estadounidense, Williams caeu rendida diante do fonda tristeza que atopou en La campana de cristal, a única novela da norteamericana editada antes da súa morte, que ocorreu o 11 de febreiro de 1963, un ano despois do de Marilyn Monroe, cando contaba 31. Seguir lendo A ferocidade poética de Sylvia Plath

Apuntamentos musicais

tras 1Gonzalo Trasbach. Conversando cos amigos máis informados en cuestións musicais, chegamos á conclusión de que a colleita do 2015 resultou pouco interesante, polo menos no referente ás voces masculinas. Pero, segundo eles e as miñas pescudas persoais, a anada das femininas ten sido das máis sobresaíntes dos últimos anos. Co obxectivo da ampliar o campo das novas e mesmo novísimas aspirantes a poboar a miña “Caligrafía sonora feminina”, o capítulo dedicado ao período que abarca dende o 2010 ao 2015, Seguir lendo Apuntamentos musicais

Dous vellos discos fan anos este Nadal

Rubber_SoulGonzalo Trasbach. Hai un libro titulado 1965: The most revolutionary year in music, no que o seu autor, o californiano Andrew Grant Jackson, sostén que 1965 foi o ano no que a música pop acadou a súa maioría de idade. Non sei se isto é ou non certo. Pero cónstanos que nese ano saíron á luz un bo puñado de discos memorábeis. De dous deles xa temos falado aquí: Highway 61 Revisited, de Bob Dylan, e A Love Supreme, de John Coltrane. Pero agora que está a punto de caer a última folla do calendario, lémbrome de que o 3 de decembro daquel mesmo ano publicouse Rubber Soul dos Beatles, Seguir lendo Dous vellos discos fan anos este Nadal