Arquivo da categoría: Música

John Lennon e os números 5 e 9

lenonGonzalo Trasbach. A historia e vida de John Lennon semella que estivo, para sorte ou para desgraza, asociada coa maxia ou a maldición, segundo se mire, de dous números naturais: o 5 e o 9. Foi un oito de decembro de 1980 cando o xenial cantante e compositor topouse coa morte, pero no intre en que o insensato Mark David Chapman baleirou o cargador da súa pistola no corpo do exbeatle eran as once da noite en Nova York e polo tanto en Galicia o calendario xa marcaba o día nove. El acababa de cumprir 40 anos e Sean, o seu fillo con Yoko Ono, cinco. O autor de Two Virgins naceu un día nove, ao igual que Sean, e Julian, case. Firmou cancións coma Revolution 9 e 9 Dream. Seguir lendo John Lennon e os números 5 e 9

Neil Young, máis de catro décadas con nós

4 Way Street LogoGonzalo Trasbach. O pasado mes de novembro unha lenda viva do rock ou mellor da música popular contemporánea alcanzou a moi honorable idade de 70 anos: Neil Young (Toronto-Canadá, 12/11/1945), un dos máis salientábeis, prolíficos e imprevisíbeis cantantes e compositores das catro últimas décadas e que foi quen de tocar con acerto todos os paus da baralla musical do noso tempo, empuñando a guitarra acústica e logo a máis ferinte e deturpada das eléctricas. Seguir lendo Neil Young, máis de catro décadas con nós

Falemos de Nina Simone

nina1Gonzalo Trasbach. Veu ao mundo no seo dunha familia humilde e tiña un don innato para a música. Adestrouse dende nena para chegar a ser unha pianista clásica. Pero a cor negra da súa pel resultou un atranco definitivo para superar o corte de admisión no Curtis Institute de Filadelfia. Contaba 17 anos. O rexeitamento racista impediulle acadar os luxosos púlpitos da música clásica e condenouna a cantar nun bar cutre de Atlantic City. Nacida coma Eunice Waymon nunha aldea de Carolina do Norte (1933), pero bautizada artisticamente coma Nina Simone, ao parecer na honra da actriz francesa Simone Signoret, aquel traumático episodio marcou a carreira dunha das máis célebres damas de ébano do jazz e do soul. Seguir lendo Falemos de Nina Simone

A espiritualidade hipnótica de A Love Supreme

a love supremeGonzalo Trasbach. É acaso unha falsidade dicir que hai unha referencia e autorreferencia a unha dimensión transcendente ou relixiosa na arte dende as covas de Altamira até Ribera ou Bill Viola? E que podemos dicir da música? Acaso a música e o metafísico e o sentimento relixioso ou mesmo o místico, non teñen sido sempre virtualmente inseparábeis? Algunha vez teño escoitado que é un tópico todo o que poidamos comentar a calquera ser humano a quen a música conmove ou a quen a considere dadora de vida. Seguir lendo A espiritualidade hipnótica de A Love Supreme