Gonzalo Trasbach. Coma noutras cousas da vida, cheguei tarde á cabana asolagada de pobreza e tristura na que naceu, creceu e morreu Karen Dalton. Pero cheguei. Até a súa porta levoume collido do brazo un dorido Nick Cave. Fun ao porto de Brighton buscalo coma remeiro da potente e poderosa traíña chamada The Boatmen Call. Topei o australiano camiñando á noitiña sobre un acantilado rodeado de escuma branca, onde talvez agardaba escoitar unha resposta á urxente e tenra voz que chamaba polo seu fillo dende o máis dentro do seu corazón fendido. Seguir lendo Con Nick Cave e Karen Dalton
Arquivo da categoría: Música
Chiwoniso Maraire
Alberte Pagán. O 11 de julho de 2006 aterrei em Harare. Após buscar hotel e descansar da viage acheguei-me a umha cafetaria do centro, a Jazz 105, da que me faria asíduo. No jornal que lia entanto ceava anunciava-se um concerto dumha tal Chiwoniso Maraire para essa mesma noite no Book Café, local que tamém acabaria freqüentando pois Chiwoniso actuava no seu cenário todas as terças-feiras. Seguir lendo Chiwoniso Maraire
Janis: Little Girl Blue
Gonzalo Trasbach. Todo apunta na dirección de que este ano sexa nomeado coma o dedicado aos documentais sobre a vida e a traxectoria artística dos chamados “malditos” do rock e do pop. Desde que arrancou o 2015 xa sabemos de dous: un sobre Amy Winehouse e outro sobre Kurt Cobain. Hai uns días, na Mostra de Venecia, a directora e produtora norteamericana Amy Berg presentou fóra de concurso Janis: Little Girl Blue, unha travesía de 100 minutos que afronta a complexa odisea de Janis Joplin, unha moza talentosa, pero con tendencias autodestrutivas, inxenua, ambiciosa e insegura. En suma, unha artista extrema na súas formas vitais e na súa arte que ten en común con Winehouse e Cobain que os tres morreron aos 27 anos. Seguir lendo Janis: Little Girl Blue
Bob Dylan, 50 anos despois
Gonzalo Trasbach. Estelas de luz. Agora cando xa se senten máis cerca os suaves pasos do crepúsculo de agosto, escavando unha vez máis no vello lodo da memoria, doume conta de que hai xa 50 anos que se publicou Highway 61 Revisited, disco mítico que ratificou a definitiva conversión de Bob Dylan á electrificación da súa música. Como moitos lembrarán, foi no festival de folk de Newport de 1965 cando o cantautor de Minnesota deu os seus primeiros pasos nesa dirección, provocando un profundo cisma entre os incondicionais Seguir lendo Bob Dylan, 50 anos despois