Arquivo da categoría: Música

Billie Holiday: a grande diva de ébano do jazz

billie_holiday-01Gonzalo Trasbach. Considerada a herdeira directa da magnífica e valente Bessie Smith, primeira estrela que brillou na extensa constelación das deusas de ébano que poboaron o mundo sonoro do jazz e do blues e que faleceu aos 39 anos, Billie Holiday viviu un calvario que talvez endexamais se imaxinara. Pero ao lombo das súas desgrazas ou das súas turbulentas experiencias sentimentais e do consumo de drogas arruinou a súa integridade física e mental. Unha sobredose de heroína acabou coa súa vida aos 44 (1959). A estilizada e “pérfida” Diana Ross encarnou o seu sórdido drama no filme Lady sings the blues, cinta baseada na autobiografía que, baixo o mesmo título, no seu día editou en España Tusquets. Seguir lendo Billie Holiday: a grande diva de ébano do jazz

A música do futuro: Get Up With It

Foto 1 - Miles Davis - Get Up with It backAlberte Pagán. Hai discos que acabam formando parte da própria persoa, nom porque sejam melhores ou piores, senom porque, a base de escoitá-los ininterrom-pidamente desde a adolescência, acabam formando parte do nosso fluido vital. Escoitei o Get Up With It de Miles Davis por primeira vez quando ainda nem sabia de que álbum se tratava, pola singela razom de que havia na casa umha cinta de 90 minutos cumha única inscriçom, “MILES DAVIS”, que continha essa música. Seguir lendo A música do futuro: Get Up With It

Arredor do “Concerto para violín e orquestra nº 2” de Sergei Prokofiev

prokofievAlberto Piñeiro. O día que o compositor ruso Sergei Prokofiev morreu, o 5 de marzo de 1953, a Unión Soviética estaba máis pendente doutro pasamento, o de Xosé Stalin, polo que a partida dun dos maiores xenios musicais do século XX pasou inxustamente a un segundo plano; porén, o feito de compartir a lúgubre efeméride  co “home de aceiro”, que é o que significa Stalin en ruso, acabaría favorecendo a lembranza do cabodano do autor de obras tan coñecidas coma o conto infantil Pedro e o lobo, os ballets Romeo e Xulieta e A Cincenta, a Suite escita, a ópera Guerra e Paz, Seguir lendo Arredor do “Concerto para violín e orquestra nº 2” de Sergei Prokofiev

2014: lembranza, retirada e mais tres discos

German Coppini _ Despierta Escuela _ SG01Gonzalo Trasbach. Aínda que a colleita musical do ano que acabamos de deixar atrás non parece prestarse a grandes titulares, o certo é que o 2014 deparounos unhas cantas xemas sonoras. Pero tamén nos deixou algunha que outra mala noticia. Para comezar convén lembrar que o 2013 pecharase co desacougante falecemento dun singular artista da nosa comunidade: Germán Coppini. Un dos puntais das míticas formacións Siniestro Total e Golpes Bajos deixounos repentinamente o 24 de decembro aos 52 anos. Seguir lendo 2014: lembranza, retirada e mais tres discos