Gonzalo Trasbach. Os dous primeiros veráns que pasei en Londres coincidiron coas edicións máis potentes e talvez masivas do festival Isla de Wight. No ano 69, cando arribei a Victoria Station –era a primeira vez que saía de Galicia-, a estación de trens máis enorme que vin na miña vida, e iso que o día anterior xa pasara por dúas de París, o coro sonoro que xiraba na miña cabeza era moi limitado: ademais dos cantantes galegos e españois daquel tempo, The Beatles, Rolling Stones, Bob Dylan… e pouco máis. Seguir lendo Donovan e Londres na lembranza
Arquivo da categoría: Música
Vixencia de Rock Bottom, cumio da excelsa obra de Robert Wyatt (II)
Gonzalo Trasbach. Pero se Rock Bottom é a súa obra mestra, no é a única excelsa de Robert. Lembremos, pois, outras cimas importantes na súa longa cabalgada en solitario:
Con Ruth Is Stranger Than Richard (1975) o jazz e o pop acadan novas formas na súa creación. Así o demostran a colorista Soup Song e os malabarismo vocais, outra vez un instrumento máis –como se observa no diálogo piano-voz que establece con Frith en Muddy Mouse. Seguir lendo Vixencia de Rock Bottom, cumio da excelsa obra de Robert Wyatt (II)
Vixencia de Rock Bottom, cumio da excelsa obra de Robert Wyatt (I)
Gonzalo Trasbach. O mítico Rock Botton cumpre corenta anos. Aínda que editado en xullo de 1974, foi presentado en público o 8 de setembro nun concerto en Londres. Aquí tardamos máis en coñecelo. Estando na mili, nun permiso e a través dun amigo, escoitei por vez primeira o segundo disco en solitario de Robert Wyatt, o batería dun grupo que tiña marcado un punto de inflexión no chamado rock progresivo: Soft Machine. Lembro que cando oín a fonda tristura que saía daquela voz afiada, o meu decaído ánimo mudou e logo empreguei bastante tempo para atopar información sobre o autor e a súa traxectoria. Seguir lendo Vixencia de Rock Bottom, cumio da excelsa obra de Robert Wyatt (I)
Tres libros e tres discos para o verán
Gonzalo Trasbach. Cando chegaba o verán, os compañeiros responsábeis dos suplementos culturais do xornal no que traballaba convidábanme a participar nunha programación que xenericamente estaba destinada a recomendar libros ou discos para esta tempada. Só coa idea de manter viva esa pequena deformación profesional, atrévome a argallar un mínimo cartel para os días estivais: tres libros acompañados de tres discos.
Os volumes están á vez relacionados coa música, aínda que desde perspectivas ben diferentes. Así, en My Favorite Things, Michel Delorme (Ed.) presenta nun pequeno formato de extensión, pero dun colosal valor, unha serie de entrevistas con John Coltrane (1926-1967). Seguir lendo Tres libros e tres discos para o verán