Pastor Rodríguez. Non hai dúbida de que o Barbanza conta cun dos grandes musicólogos galegos e con prestixio internacional, o padre xesuítico José López Calo. Ao seu carón hai que situar a X. M. Carreira Antelo, nacido en Noia o 24 de xuño de 1954. Presidiu o Instituto Galego de Ciencias Musicais e é membro do consello de redacción da prestixiosa Revista de musicología. Colaborador do Diccionario de la música hispánica, da Stonia dello spectacolo musicale e do New grove dictionary of opera. En 1979 publicou, en colaboración con M. Balboa, o volume 150 anos de música galega e, tras el, moitos artigos especializados como La tasa y regulación del Coliseo de Óperas y Comedias fabricado por Setaro (A Coruña, 1772) na Revista de musicología (X, 2, 1987) Seguir lendo X.M. Carreira Antelo: Un musicólogo noiés
Arquivo da categoría: Música
Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXIII. Luis de Narváez
Román Arén. En 1538 edítase en Valladolid a obra Los seis libros del Delphin de música en cifra para tañer vihuela do músico granadino Luis de Narváez, nado arredor de 1500 e morto entre 1550 e 1560. Estamos pois ante un músico que compón para as letras dos poetas. Ben se sabe que mesmo en lingua galega, ou que pretende selo, aparecen vilancetes e cantigas paralelísticas nalgunhas obras musicais do século XVI, como é o caso do Libro de música de mano intitulado El Maestro (Valencia, 1534) de Luis milán (“Falai, miño amor, / falaime; / si non me falais / mataime…”) ou no Cancioneiro de Upsala (Villancicos de diversos autores, a dos y a tres y a cuatro y a cinco boces, Venecia, 1556), editado de novo en 1909 por Rafael Mitjana nesa cidade de Suecia Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXIII. Luis de Narváez
Marie Laforêt, vítima dun crime
Fidel Vidal. O dous de novembro deste 2019 faleceu Marie Laforêt aos oitenta anos de idade. Non podo senón lembrar que nos meus anos de mocidade e adolescencia foi unha icona da muller fermosa de quen todos ficamos namorados; a imaxe ideal, mesmo no sentido relixioso, de adoración, pois falamos dunha imaxe Seguir lendo Marie Laforêt, vítima dun crime
Danza na cidade
Pilar Sampedro. Houbo un tempo no que chegando o verán a Compostela asistiamos a un festival de danza ao aire libre. Tratábase de En pé de pedra, organizado polo grupo de teatro Matarile con sede no teatro Galán, xa desaparecido. Si, tamén desapareceu a mostra que se anunciaba cunha música que nos congregaba –igual que os nenos e nenas de Hamelín– para asistir ao espectáculo Seguir lendo Danza na cidade