Arquivo da categoría: César Alen

Sobrevivir a Chopin

c1b88cf043a12e8a339539bd37db5a4dCésar Alen. Moitas son as que se esgotan, as que sucumben a unha relación, as que perecen no intento. Só as almas grandes, os espíritos egrexios superan o entregado anonimato, a desaparición no lago escuro e profundo da fama do outro, a longa sombra de ser a esposa de… Unha desas almas grandes foi George Sand, a grande escritora francesa, que superou o estigma de ser a muller do músico polaco Chopin, coñecido e recoñecido universalmente. Pero ela fíxoo, e fíxoo con éxito, con coraxe, cunha absoluta entropía, que nun xogo de contrastes levouna a atopase a si mesma. Seguir lendo Sobrevivir a Chopin

Alejandro Sawa, un proscrito

Alejandro_Sawa,_Don_Quijote,_14_de_febrero_de_1902,_D._Hermógenes_(cropped)César Alen. A óptica dominante para a avaliación en calquera faceta da vida, fundaméntase na dualidade éxito/fracaso. Este enfoque xera inevitables xuízos de valor, a formación de ideas preconcibidas e de etiquetas, que a longo prazo conforman os estereotipos. Baixo esta premisa a maior parte da poboación queda irremisiblemente descartada, relegada e esquecida. Ese podería ser perfectamente o caso de Alejandro Sawa, aínda que nesta ocasión, lonxe de ser un inconveniente cecais lle favorecera, porque este ostracismo completa á perfección o seu historial maldito, a súa carreira de bohemio irredutible, a consumación da súa propia lenda. Seguir lendo Alejandro Sawa, un proscrito

O artista da fame, de Kafka

71k6b0KMKCLCésar Alen. Nos últimos anos descendeu moito o interese polos xaxunadores. Non é unha frase miña, senón o comezo do conto de Franz Kafka. Un relato desasosegado, impactante, pero absolutamente recoñecible, é dicir, kafkiano. Xa é un mérito en si mesmo, acuñar un cualificativo que defina unha obra. Quizais a obra non sexa do todo coñecida, pero si unha remota resonancia de algo que quizais queira dicir… non sei, o que todos cremos que quere dicir; en realidade non fai falla definilo, resultaría redundante. O certo é que descubrín este relato xunto ao do Artista do trapecio, ao fondo dunha edición de Bruguera da coñecida Metamorfose. Seguir lendo O artista da fame, de Kafka

Eu tamén boto en falta o Gran Lebowski (III)

41+h7MgOP2L._SX326_BO1,204,203,200_César Alen. O mesmo pasa na arte, un dos poucos aspectos humanos que nos pode liberar da roda endogámica do medo. Isto non é en absoluto algo fútil, aí xogas o superar a dualidade vida-morte, eros-thanatos. Non é que o diga eu, xa Shopenhuer, Nietzsche ou Junger no seu profético libro Emboscadura falan do poder taumatúrxico da arte. Por tanto, se deixamos que a arte se desvirtualice e perda o seu valor salvífico, xa non nos quedará nada. Ou si, a emboscadura, é dicir ir ao bosque, emboscarse. Seguir lendo Eu tamén boto en falta o Gran Lebowski (III)