Arquivo da categoría: Narrativa

O periplo de Ibrahim

Ilustración: Belén Rodríguez Pazo
Ilustración: Belén Rodríguez Pazo

María Xesús Blanco. —Ti quéresme?

—Pois claro

—Entón, por que te vas?

—Sabes que non pode ser doutro xeito.

Escóitanse voces dun home e dunha muller saíndo do aparello. Ibrahim non mira a pantalla. Nin tan sequera semella escoitar. Olla por un instante o floreiro con rosas que alguén puxo na repisa da xanela. A dor no bazo é intensa pero comeza a sentir a suor que zumega a súa pel ao baixar o fluxo do calmante. Seguir lendo O periplo de Ibrahim

Galicia e os galegos na poesía castelá CLXI. Luis Cernuda

Las-Nubes-Desolacion-de-la-QuimeraRomán Arén. Cernuda rematou por ocupar un lugar central na poesía española do século XX, mais non sempre foi así e non hai máis que lembrar a frouxa, e ás veces negativa, recepción que obtivo o seu primeiro libro, ao que acusaban de depender en exceso de Jorge Guillén. Ás veces, cando pensamos en Cernuda facémolo como poeta amoroso, o poeta dos amores e praceres prohibidos, ou no poeta elexíaco e mesmo no poeta da nostalxia de España no desterro. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXI. Luis Cernuda

Premonición

SP0023A-y-SP0023B-VADO-PERMANENTE-e1510076338639Marina Losada Vicente. Saio do piso con Arturo, o veciño do terceiro, na cabeza. Baixo as escaleiras pensando no previsibles que chegamos a ser. Todos os días, sobre a unha da tarde, sinto algunha bucina a todo dar. Sei de sobra o que pasa, mais teño que asomarme á venta e velo cos meus propios ollos. Arturo deixou o coche atrancando a saída do aparcadoiro. Quedan cinco, seis, oito minutos de bucina. Sae do bar, borra os restos de escuma coa man e, cun sorriso de superheroe perdoa vidas Seguir lendo Premonición

Na residencia

depositphotos_446632600-stock-illustration-group-of-senior-friends-playingUxía Casal. Xa me amolou o Paulo con iso de que era rancorosa e infantil. He! Infantil! Todo o que non lle vaia polo rego para el é infantil, non lle cae a palabra da boca. Don Perfecto habería que chamarlle, que nunca mete a pata nin se desquita cando llas fan. He! Si, claro, é moi doado falar cando o asunto non te afecta, e a el nesta leria nada lle vai nin lle vén. Seguir lendo Na residencia