Melenas

hippie-modernoX. Ricardo Losada. Como me considero unha persoa realista, valoro moito a utopía. Dito doutra forma: non creo que exista a felicidade absoluta pero si creo posible acadala sempre que adoptemos o punto de vista cínico de Groucho Marx: A felicidade está nas pequenas cousas: unha pequena mansión, un pequeno iate, unha pequena fortuna. A un amigo meu, máis realista aínda ca min,  e inimigo acérrimo das utopías, tocáronlle na primitiva tres millóns de euros. Da noite para a mañá conseguiu unha pequena mansión, un pequeno iate e unha pequena fortuna. E o máis importante, aquilo que o fixo reconciliarse co concepto de utopía, unha pequena melena. A non sei cantos euros o pelo, deixou de ser calvo, el que cada vez que vía a Hilario Pino coa súa cabeleira artificial en televisión puña a mesma cara que san Francisco de Asís imaxinando un mundo de amor, paz e concordia.

     Ese amigo meu pasou de odiar as utopías con toda a súa cabeza a amalas con todo o seu corazón. E agora non hai conversa na que non diga, como mínimo dúas veces, unha frase de Jean Cocteau que eu lle espetaba cada vez que se puña radicalmente pesimista: Como non sabían que era imposible, fixérono. antes-despues-trasplante-pelo-tecnica-fue-rasurado-totalPor riba, cada vez que a di, supoño que inconscientemente pois eu sigo calvo, acariña a pequena melena que o rexuveneceu dez anos. Danme ganas de dicirlle que conseguiu ese imposible por pura chorra, e non, como suxire a frase de Cocteau, polo seu propio esforzo. Pero non lle digo nada. Se xa é inútil razoar cun utopista convencido, imaxinade cun utopista interesado.

     De todos xeitos prefiro esa actitude á deses outros amigos meus que son absolutamente pesimistas porque confunden a decadencia do seu corpo coa decadencia da sociedade na que viven. De mozos, cando tiñan melena hippy crían nunha sociedade perfecta (Soña cun mundo de amor e paz e farémolo realidade, cantaban), pero a medida que perdían guedellas ían rebaixando as expectativas e agora, completamente calvos (e sen fortuna), cántanlles aos fillos a mesma canción, só que coa letra algo cambiada: Soña cun mundo de amor e paz e farás realidade quedar calvo.

4 comentarios en “Melenas

  1. Prezada Carmen:

    Coincido coa túa reflexión sobre a utopía. É moi necesaria como un horizonte ao que ir acercándose. Pero tamén é un concepto perigoso. Moitas veces dáse por suposto que todos coincidimos no seu contido, e non é certo. Por iso é tan necesario o realismo.
    Eu non teño nin unha pequena mansión, nin un pequeno iate nin, moito menos, unha pequena fortuna. Pero hai anos escribín un relato titulado “Rianxo é meu” no que me gababa de ter unha pequena vila. Por suposto é unha propiedade que comparto con outros veciños, pero iso non quita que tamén sexa miña. De feito, se teño que recordar días utopicamente felices da miña vida, sempre aparecen as festas de Guadalupe, esas festas nas que os rianxeiros celebramos que Rianxo é noso.
    O meu amigo cría que se el recuperaba o pelo, todo o mundo (non só el) sería feliz. É o que pensan todos os grandes utopistas, san Francisco (por quen teño unha grande admiración desde que escribín o libro sobre don Faustino Rey Romero) incluído.
    Pode que non sexa obxectivo, pero podes crer que me molesta máis ter mal a cartilaxe do xeonllo que a falta de pelo. Se recuperase a melena hippy que tiña de adolescente pode que intentase acadar a utopía de ser mozo, e facer o ridículo á miña idade non está nos meus plans.
    Apertas rianxeiras

  2. Estimado profesor:

    Ayer por la noche llegamos mi hija y yo de un corto, pero fascinante, viaje a Denia y alrededores; y hoy he dedicado el día completo a preparar el recibimiento de los Reyes Magos como es debido: dejar regalos para doce nietos no es cosa baladí, y ¿qué menos que adornar la estancia en la que han de depositar los presentes Sus Reales Majestades? Por tal razón escribo a las tantas de la noche.
    No creo absolutamente necesario adoptar el punto de vista de Groucho Marx para ser feliz. De las tres cosas que menciona sólo poseo la pequeña “mansión”; y me llega para ser razonablemente feliz.
    Considero correcto un término medio entre utopía y realidad e ir adaptándose de la mejor forma a esa realidad que no es utópica. Sin embargo tener pensamientos utópicos alguna vez, mantener la ilusión en algo aun irrealizable, es una buena terapia para evadirse de una realidad, a veces, distópica. La vida sin sueños, no es vida; siempre que esos sueños no se conviertan en pura quimera.
    Lo que no logro es alcanzar a ver el símil entre la cara de tu amigo y la de san Francisco: me figuro que sería una expresión beatífica la que puso.
    Sin que nadie me oiga: me parece que lo que te fastidia no es el hecho de que a tu amigo le haya tocado la lotería sino que recuperase la cabellera.
    Si tuviese que elegir entre una persona utópica y una distópica, también me quedaría con la primera.
    Ah, aunque conformista, no desdeñaría los tres millones de euros que le tocaron a tu amigo.
    Que los Reyes Magos te dejen esta noche bonitos presentes, como recompensa a los buenos momentos que nos haces pasar.
    Un abrazo.

  3. Benquerida Magdalena:

    Outro comentario xenial, sobre todo a primeira parte.
    Sinto eses problemas físicos e alédame moito que, no
    teu caso, non estimulen unha visión apocalíptica do mundo
    (coñezo moitos antigos hippys que, por unha inofensiva alopecia, agora defenden
    algunha variante do totalitarismo). A veces tamén son realista no sentido medieval, e creo que as palabras son cousas e conforman o mundo, cando menos o teu propio mundo e, o que é peor, o das persoas que che rodean. E esa é unha gran responsabilidade que temos cos demais. Non teño ningunha
    dúbida de que ti telo moi en conta. E por iso me satisface tanto provocar algunhas risas.
    Como me puxen un pouco solemne, permite que remate cunha frase ao estilo Groucho (non recordo de quen é): “O diñeiro non dá a felicidade, cómpraa”. Que apropiada é tendo en conta que hoxe chegan os Reis Magos.
    Unha aperta sempre agradecida

  4. Buenos días, querido profesor: despertarse con una sonrisa a mi edad ya casi es una utopía, porque entre el dolor de espalda y las molestias que consiguen darme los quistes hepáticos que se han desarrollado como en tierra de agua, ya no está una para risas, pero como el nombre de utopía es “lo por venir” y lo que ha llegado hoy es tu “Melenas”, mi sonrisa, por no decir mis carcajadas, han tenido “lugar, o lugaría” y me he reído incluso de Sjögren mojándome la boca con la risotada húmeda que me ha provocado esa percepción tan exquisita de lo imperfecto, o sea, ser realista y valorar la utopía. Ya sabes que soy una apasionada de los juegos de palabras y en eso eres un experto. Todo lo que decía Groucho Marx era maravilloso porque además de decirlo mediante la frase, reconstruía el gesto. Me viene ahora a la memoria una muy buena también de Groucho, decía: “Hay muchas cosas en la vida más importantes que el dinero; pero, cuestan tanto…”
    Querido profesor, encontrarse uno por la mañana en esta isla fantástica de utopía barbantiana, es una gozada.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *