Un mito da narrativa americana (xudía): Delmore Schwartz

delmoreRomán Arén. Os que son afeccionados á música (eu son un profano) saben ben quen é Lou Reed, alumno de Delmore Schwartz, a quen dedicou dúas cancións e que consideraba Nos soños empezan as responsabilidades  (Alpha Decay, 2010, en tradución de A. Fuentes e X. Zambrano) “o mellor relato curto que lin xamais”. Non é o único músico que o admirou, pois tamén Bono é lector de Schwartz. Se lles parece pouco, unha frase de Saul Bellow: “O retrato definitivo da clase media xudía durante a Depresión”. Por certo, de Bellow falou entre nós García-Sabell, quen o coñeceu, e na súa opinión, un dos “grandes escritores xudeus americanos”, é moi fiable. Non hai un narrador xudeu americano desa época malo, polo menos eu non o coñezo. Hainos máis importantes e menos importantes.

Se algo destaca desta historia da época da Depresión, no que o protagonista soña que está nun cine en 1909, é a súa potencia, nun ton pouco épico, pero non inferior a Steinbeck ou a Jim Thompson. O Epílogo dos tradutores é iso, un epílogo moi interesante, que non debe lerse antes do relato. Schwartz foi poeta, alcohólico, dramaturgo, mítico editor de <Partisan Review> e <The New Republic>, admirado por Auden, Eliot e Nabokov. delmore 2O ritmo foi o que máis abraiou a todos. Lonxe da densidade de Faulkner e da sinxeleza de Hemingway. O malestar latente é a segunda gran achega do relato, lograda polas repeticións e as rupturas rítimas. Borges foi o seu primeiro tradutor ao castelán en <Sur>, aínda que logo o negase.

Historia dun divorcio, narrada por un mozo que non ten nome, en pouco máis de vinte páxinas. Unha volta de torniqueta na narrativa americana escrita polo protagonista dunha novela de Bellow, un trostkista europeizante, do reino yídish ao inglés, do que o cadáver estivo a podrecer dous días porque o <New Yorker> quería os manuscritos póstumos. Nada disto importa, porque o relato sostense por si mesmo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *